anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA XXXIV

Esta é como Santa Maria fillou dereito do judeu pola desonrra que fezera a sua omagen.

Gran dereit' é que fill' o demo por escarmento
quen contra Santa Maria filla atrevemento.

Poren direi un miragre, que foi gran verdade,
que fez en Costantinoble, na rica cidade,
a Virgen, Madre de Deus, por dar entendimento
que quen contra ela vay, palla é contra vento.
Gran dereit' é que fill' o demo por escarmento
quen contra Santa Maria filla atrevemento.

Ha omage pintada na rua siya
en tavoa, mui ben feita, de Santa Maria,
que non podian achar ontr' outras mais de cento
tan fremosa, que furtar foi un judeu a tento
Gran dereit' é que fill' o demo por escarmento
quen contra Santa Maria filla atrevemento.

De noit'. E poi-la levou sso ssa capa furtada,
en ssa cas' a foi deitar na camara privada,
des i assentous-ss' aly e fez gran falimento;
mas o demo o matou, e foi a perdimento.
Gran dereit' é que fill' o demo por escarmento
quen contra Santa Maria filla atrevemento.

Pois que o judeu assi foi mort' e cofondudo,
e o demo o levou que nunc' apareçudo
foi, un crischão enton con bon enssinamento
a omagen foi sacar do logar balorento.
Gran dereit' é que fill' o demo por escarmento
quen contra Santa Maria filla atrevemento.

E pero que o logar muit' enatio estava,
a omagen quant' en si muy bõo cheiro dava,
que specias d'Ultramar, balssamo nen onguento,
non cheiravan atan ben com' esta que emento.
Gran dereit' é que fill' o demo por escarmento
quen contra Santa Maria filla atrevemento.

Pois que a sacou daly, mantenente lavou-a
con agua e log' enton a ssa casa levou-a,
e en bon logar a pos e fez-lle comprimento
de quant' ouve de fazer por ayer salvamento.
Gran dereit' é que fill' o demo por escarmento
quen contra Santa Maria filla atrevemento.

Pois lle tod' esto feit' ouve, mui gran demostrança
fez y a Madre de Deus, que d' oyo semellança
correu daquela omage grand' avondamento,
que ficasse deste feito por renenbramento.
Gran dereit' é que fill' o demo por escarmento
quen contra Santa Maria filla atrevemento.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69