anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA XL

Esta é de loor de Santa Maria das maravillas que deus fez por ela.

Deus te salve, groriosa
Rea Maria,
Lume dos Santos fremosa
e dos Ceos Via.

Salve-te, que concebiste
mui contra natura,
e pois teu padre pariste
e ficaste pura
Virgen, e poren sobiste
sobela altura
dos ceos, porque quesiste
o que el queria.
Deus te salve, groriosa
Rea Maria,
Lume dos Santos fremosa
e dos Ceos Via.

Salve-te, que enchoisti
Deus gran sen mesura
en ti, e dele fezisti
om' e creatura;
esto foi porque ouvisti
gran sen e cordura
en creer quando oisti,
ssa mesageria.
Deus te salve, groriosa
Rea Maria,
Lume dos Santos fremosa
e dos Ceos Via.

Salve-te Deus, ca nos disti
en nossa figura
o seu Fillo que trouxisti,
de gran fremosura,
e con el nos remisti
da mui gran locura
que fez Eva, e vencisti
o que nos vencia.
Deus te salve, groriosa
Rea Maria,
Lume dos Santos fremosa
e dos Ceos Via.

Salve-te Deus, ca tollisti
de nos gran tristura
u por teu Fillo frangisti
a carcer escura
u yamos, e metisti
nos en gran folgura;
con quanto ben nos visti,
queno contaria?
Deus te salve, groriosa
Rea Maria,
Lume dos Santos fremosa
e dos Ceos Via.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical