anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA LXV

Como Santa Maria fez soltar o ome que andara gran tempo escomungado.

A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Porend' un miragre vos direi mui grande
que Santa Maria fez; e ela mande
que mostra-lo possa per mi e non ande
demandand' a outre que m'en dé recado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Poren direi com' un clerig' aldeão,
de mui santa vida e mui bon crischão,
ouv' un seu feegres sobervi' e loução,
que nunca queria fazer seu mandado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E o ome bõo sempre lle rogava
que sse corregesse e o castigava;
mais aquel vilão poren ren non dava,
assi o tragia o dem' enganado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Pois que o preste viu que mõestamento
non lle valia ren ha vez nen çento,
escomungou-o enton por escarmento,
cuidando que fosse per i castigado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Mais el por aquesto non deu nemigalla
nen preçou sa escomoyon ha palla.
Entanto o preste morreu, e sen falla
ficou o vilão del escomungado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E durou depois muit' en esta maldade,
ata que caeu en grand' enfermidade
que lle fez canbiar aquela voontade,
e do que fezera sentiu-se culpado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E quis comungar e fillar pedença,
mais non lla quiseron dar pola sentença
en que el jazia por sa descreença,
mais mandaron-lle que foss' a seu prelado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E logo que podo foi a el correndo
e seu mal le disso, chorand' e gemendo;
e ele lle disse, per quant' eu entendo:
«Vai-te ao Papa, ca muit' ás errado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

El, quand' est' oyu, ouv' alegria fera
e foi log' a Roma u o Papa era
e disso-ll' aquelo sobre que vera.
El mandou-o livrar a un seu privado,
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Que lle disse, se livre seer queria,
que lle déss' algo, se non nono seria.
El dar non llo pode, ca o non tragia,
e poren foy-sse mui trist' e mui coitado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E pensou que sempr' assi ja mais andasse
ata que algun bon crischão achasse
que lle nono pediss' e que o consellasse
como saysse daquel mao estado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Atan muit' andou per terras e per mares,
soffrendo traballos muitos e pesares,
buscando ermidas e santos logares
u achasse tal om'. E tant' ouv' andado
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Que achou un ome mui de santa vida
na Montanna Negra, en ha ermida;
e pois sa fazenda toda ouv' oyda,
ouve do cativo gran doo ficado,
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E disse-ll': «Amigo, se me tu creveres
e desta ta coita bon consello queres,
vay Alexandria, e se o fezeres,
dar-ch-á y consello un fol trosquiado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Quand' aquest' oyu aquel ome cativo,
quiser' enton seer mais morto ca vivo;
e semellou-lle consello muit' esquivo,
e teve-ss' enton ja por desasperado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E diss': «Aquesto semella-me trebello,
que poi-lo Papa nen todo seu conçello
en este feito non me deron consello,
como mio dará o que é fol provado?»
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E o ermitan lle diss' enton: «Sandeçe
non á en aquel se non quanto pareçe
aas gentes, e tod' aquest' el padeçe
por lle seer de Deus pois galardõado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E o ome disse: «Pero eu fezesse
esto, non cuido que mio ele crevesse
se ll' ant' alga vossa carta non désse
per que fosse del creud' e ascuitado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E o ermitan deu-lle sa carta logo
que lle levasse, e disse-ll': «Eu te rogo
que lla leves, e se en este meogo
morreres, morrerás de Deus perdõado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Foi-s' o om' e punnou de chegar mui çedo
a Alexandria, que come Toledo
é grand' ou mayor; mais ya con gran medo
de non aver ali seu preit' ençimado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E morou ena vila ben quinze dias,
buscand' o fol per carreiras e per vias;
e poi-lo non achou, disso: «A Messias
poss' eu aver ante que aquest' achado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Esto dizendo, viu vir muita gente
escarneçend' un ome mui feramente,
mui magr' e roto e de fol contenente,
e diss': «Aquest' é o que tant' ei buscado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Pero se aquest' é fol, pela ventura,
aguarda-lo-ei tena noit' escura;
ca se el non é ben louco de natura,
algur irá long' albergar apartado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Dizend' aquesto, foi-ss' a noite chegando,
e o sandeu foi-sse da gent' esfurtando,
e el depos el, sempre o aguardando,
ata que o viu mui longe do poblado,
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

U entrava en ha eigreja vedra,
mui ben feita tod' a boveda de pedra,
pero con velleçe ja cuberta d'edra,
que fora d' antigo lugar muit' onrrado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Pois aquel fol na ygreja foi metudo,
non vos semellaria fol, mais sisudo;
ca se deitou log' ant' o altar tendudo,
chorando muito com' avia usado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E des i ergeu-s' e como quen ss'aparta
tomou dun pan d' orjo quant' é ha quarta
polo comer, mais o ome deu-ll' a carta
ante que huviasse comer nen bocado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E pois que a carta ouve ben leuda
e ouv' a razon dela ben entenduda,
disse-lle chorand': «Eu vos farei ajuda,
e seed' esta noit' aqui albergado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E dormid' agora, pois canssad' andades;
mais pois que for noite, nada non dormiades
nen vos espantedes por ren que vejades,
mais jazed' en este lugar mui calado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E fez-lle sa cama ben entre dous cantos;
e a mea noite aque-vo-los santos
con Santa Maria, e chegaron tantos
que todo o lugar foi alumado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Os angeos Santa Maria fillaron
e ena çima do altar a sentaron
e os madudinnos todos ben cantaron,
e o fol cantava con eles de grado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E pois que os ouveron todos ben ditos
de coraçon, ca non per outros escritos,
o fol chamou o outr', e 'n gollos fitos
vo ant' a Virgen muit' envergonnado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E diss' o fol: «Sennor santa piadosa,
est' om' en sentença jaz mui perigoosa;
mays tu que es mui misericordiosa,
solta-ll' este laço en que jaz liado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Respos a Virgen con paravoas doces:
«Vay ora mui quedo e non t' alvoroçes;
e o que t' escomungou, se o connoçes,
chama-o ante mi, e serás soltado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Levantou-ss' o ome, e con el o louco,
e catou-os todos; mais tardou mui pouco
que achou o preste, que non era rouco
de cantar, pero muit' avia cantado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Des i ant' a Virgen todos tres veron
e de como fora o feito disseron;
e ela disse, pois que llo dit' ouveron:
«Soltade-o, preste, pois sodes vingado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Foi-ss' enton a Virgen pois esto foi feito;
e o fol ao outro moveu tal preito
que sse foss', e teve-ss' end' el por maltreito
e disse: «Sol de m' ir non será pensado,
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Nen que vos eu leixe, assi Deus m' ajude,
cá, pois que m' a Virgen mostrou tal vertude
por vos que mia alma cobrou ja saude
e o ben de Deus de que era deitado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

O fol diss' enton: «Pois que ficar queredes,
toda mia fazenda ora saberedes:
non soon louco, nen vos nono cuidedes,
pero ando nuu e mui mal parado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Ca esta terra foi de meu poderio,
e meu linnage a mantev' a gran brio;
e morreron todos, e o sennorio
me ficou end' a mi, e fui rei alçado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E macar vos paresc' ora tan astroso,
muito fui loução, apost' e fremoso,
ardid' e grãado, ric' e poderoso,
e de bõas mannas e ben costumado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E seend' assi sennor de muitas gentes,
vi morrer meu padr' e todos meus parentes;
e en mia fazenda enton parei mentes
e daqueste mundo fuy log' enfadado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Enton cuidei logo como me partisse
daquesta terra que neun non me visse,
e que como fol entr' as gentes guarisse
per que fosse do mundo mais despreçado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E por razon tive que en esta terra
dos meus que soffresse desonrra e guerra
por amor de Deus, que aos seus non erra
e polos salvar quis seer marteirado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Aynda vos direi mais de mia fazenda:
d' oj' a quinze dias serei sen contenda
no Parayso, e dou-vos por comenda
que ata enton sol non seja falado».
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Assi esteveron, que non se partiron,
ambos de su, e cada noite viron
a Santa Maria; e pois se conpriron
estes quinze dias, o fol foi passado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E Santa Maria, a que el servira
porque sse do ben deste mundo partira,
levou del a alma, ca des que a vira,
en a servir fora todo seu cuidado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E pois que foy morto, quis Deus que soubessen
sa mort' os da vila e logo vessen
sobr' el fazer doo e ll' onrra fezessen
com' a seu sennor natural e amado,
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

Que os avia mui gran tenp' enganados,
e que o perderan pelos seus pecados;
mais Deus por el logo miragres mostrados
ouve, por que fosse pois santo chamado.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

E gran doo fez por el seu companneiro,
e quant' el viveu foi senpr' ali senlleiro,
guardand' o sepulcro; mais Deus verdadeiro
levó-o consigu', e el seja loado. Amen.
A creer devemos que todo pecado
Deus pola sa Madr' averá perdõado.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical