anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA LXXVI

Como Santa Maria deu seu fillo aa bõa moller, que era morto, en tal que lle désse o seu que fillara aa sa omagen dos braços.

Quenas sas figuras da Virgen partir
quer das de seu Fillo, fol é sen mentir.

Porend' un miragre vos quer' eu ora contar
mui maravilloso, que quis a Virgen mostrar
por ha moller que muito [se] fiar
sempr' en ela fora, segund fui oyr.
Quenas sas figuras da Virgen partir
quer das de seu Fillo, fol é sen mentir.

Esta moller bõa ouv' un fillo malfeitor
e ladron mui fort', e tafur e pelejador;
e tanto ll' andou o dem' en derredor,
que o fez nas mãos do juyz vir.
Quenas sas figuras da Virgen partir
quer das de seu Fillo, fol é sen mentir.

E poi-lo achou con furto que fora fazer,
mandó-o tan toste en ha forca põer;
mais sa madr' ouvera por el a perder
o sen, e con coita fillou-s' a carpir.
Quenas sas figuras da Virgen partir
quer das de seu Fillo, fol é sen mentir.

E como moller que era fora de [seu] sen
a ha eigreja foi da Madre do que ten
o mundo en poder, e disse-lle: «Ren
non podes, se meu fillo non resurgir».
Quenas sas figuras da Virgen partir
quer das de seu Fillo, fol é sen mentir.

Pois est' ouve dito, tan gran sanna lle creceu,
que aa omagen foi e ll' o Fillo tolleu
per força dos braços e desaprendeu,
dizend': «Este terrei eu trões que vir
Quenas sas figuras da Virgen partir
quer das de seu Fillo, fol é sen mentir.

O meu são e vivo viir sen lijon nen mal».
Quand' est' ouve dito, log' a Madr' Espirital
resurgio-o dela, que vo sen al
dizendo: «Sandia, mal fuste falir,
Quenas sas figuras da Virgen partir
quer das de seu Fillo, fol é sen mentir.

Madre, porque fuste fillar seu Fillo dos seus
braços da omagen da Virgen, Madre de Deus;
poren m' enviou que entr[e] ontr' os teus,
per que tu ben possas conmigo goyr».
Quenas sas figuras da Virgen partir
quer das de seu Fillo, fol é sen mentir.

Quand' a moller viu o gran miragre que fez
a Virgen Maria, que é Sennor de gran prez,
tornou-lle seu Fillo; e log' essa vez
meteu-ss' en orden pola mellor servir.
Quenas sas figuras da Virgen partir
quer das de seu Fillo, fol é sen mentir.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical