anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA XCIV

Esta é como Santa Maria serviu en logar da monja que sse foi do mõesteiro.

De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

E guarda-nos de falir
e ar quer-nos encobrir
quando en erro caemos;
des i faz-nos repentir
e a emenda vir
dos pecados que fazemos.
Dest' un miragre mostrar
en ' abadia
quis a Reynna sen par,
santa, que nos guia.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

Ha dona ouv' ali
que, per quant' eu aprendi,
era menynna fremosa,
demais sabia assi
ter sa orden, que ni-
ha atan aguçosa
era d' i aproveytar
quanto mais podia;
e poren lle foran dar
a tesoureria.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

Mai-lo demo, que prazer
non ouv' en, fez-lle querer
tal ben a un cavaleiro,
que lle non dava lezer,
tra en que a foi fazer
que sayu do mõesteiro;
mais ant' ela foi leixar
chaves, que tragia
na cinta, ant' o altar
da en que criya.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

«Ay, Madre de Deus», enton
diss' ela en ssa razon,
«leixo-vos est' en comenda,
e a vos de coraçon
m' acomend'». E foi-ss', e non
por ben fazer sa fazenda,
con aquel que muit' amar
mais ca si sabia,
e foi gran tenpo durar
con el en folia.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

E o cavaleyro fez,
poi-la levou dessa vez,
en ela fillos e fillas;
mais la Virgen de bon prez,
que nunca amou sandez,
emostrou y maravillas,
que a vida estrannar
lle fez que fazia,
por en sa claustra tornar,
u ante vivia.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

Mais enquant' ela andou
con mal sen, quanto leixou
aa Virgen comendado
ela mui ben o guardou,
ca en seu logar entrou
e deu a todo recado
de quant' ouv' a recadar,
que ren non falia,
segundo no semellar
de quena viia.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

Mais pois que ss' arrepentiu
a monja e se partiu
do cavaleiro mui cedo,
nunca comeu nen dormyu,
tro o mõesteyro viu.
E entrou en el a medo
e fillou-ss' a preguntar
os que connocia
do estado do logar,
que saber queria.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

Disseron-ll' enton sen al:
«Abadess' avemos tal
e priol' e tesoureira,
cada ha delas val
muito, e de ben, sen mal,
nos fazen de gran maneira.
Quand' est' oyu, a sinar
logo se prendia,
porque ss' assi nomear
con elas oya.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

E ela, con gran pavor
tremendo e sen coor,
foisse pera a eigreja;
mais la Madre do Sennor
lle mostrou tan grand' amor,
—e poren beita seja-
que as chaves foi achar
u postas avia,
e seus panos foi fillar
que ante vestia.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

E tan toste, sen desden
e sen vergonna de ren
aver, juntou o convento
e contou-lles o gran ben
que lle fezo a que ten
o mund' en seu mandamento;
e por lles todo provar
quanto lles dizia,
fez seu amigo chamar,
que llo contar ya.
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

O convent' o por mui gran
maravilla tev', a pran,
pois que a cousa provada
viron, dizendo que tan
fremosa, par San Johan,
nunca lles fora contada;
e fillaron-ss' a cantar
con grand' alegria:
«Salve-te, Strela do Mar,
Deus, lume do dia».
De vergonna nos guardar
punna todavia
e de falir e d'errar
a Virgen Maria.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69