anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CVI

Esta é como Santa Maria sacou dous escudeiros de prijon.

Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

Desta razon vos direi
un miragre que achei
escrito, e mui ben sei
que farei
del cantiga saborosa.
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

E contarei sen mentir
como de prijon sair
fez dous presos e fogir
e pois ir
en salv' a muy Preciosa.
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

Dous escudeiros correr
foron por rouba fazer;
mais fóronos a prender
e meter
en prijon perigoosa.
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

Jazend' en aquel logar,
u deles sse nembrar
foi com' en Seixon lavrar
e pintar
viu eigreja mui fremosa.
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

E diss' a seu compannon:
«Se eu sayr de prijon,
cen cravos darei en don
a Seixon
que é obra mui costosa».
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

E pois esto prometeu,
logo ll'o cepo caeu
en terra; mais non ss' ergeu:
atendeu
ant' a noite lubregosa.
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

Mais poi-la noite chegou,
a seu compannon contou
como ll' o cepo britou
e sacou
end' a Virgen piedosa.
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

O outro lle diss' assi:
«Per quant' eu a vos oý,
mil cravos levarei y
se mi a mi
toll' esta prijon nojosa».
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

Pois s' o primeiro sentiu
solto da prijon, fogiu,
A guarda, quand' esto viu,
log' abriu
a carcer mui tevrosa
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

Polo outr' y guardar ben,
ca atal era seu sen;
mas dele non achou ren,
e poren
ouv' a Virgen sospeitosa,
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

Madre de Nostro Sennor,
que lle fora soltador
dos presos e guiador,
sen pavor,
como Sennor poderosa.
Prijon forte nen dultosa
non pod' os presos ter
a pesar da Groriosa.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical