anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CXV

Esta é como Santa Maria tolleu ao demo o mino que lle dera sa madre con sanna de seu marido, porque concebera del dia de pascoa.

Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Con ajuda nos vene
e con ssa amparança
contra o que nos tene
no mund' en gran balança
por toller-nos o bene
da mui nobre sperança;
mas vengança
filla a Groriosa
poderosa
del, e sempre nos guia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Desto no tempo d' ante
achamos que fezera
a do mui bon talante
gran maravilla fera
da moller andante
mal que seu fillo dera
e posera,
porque fora pecare,
de o dare
ao dem' en baylia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

En terra de Roma ouv' y,
com' escrit' ey achado,
un ome, com' aprendi,
bõo e muit' onrrado,
e demais, segund' oý,
riqu' e mui ben casado,
e amado
de todo-los da terra,
ca sen err' a
sa fazenda fazia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Est' ome e ssa moller
mui gran temp' esteveron
servindo Deus volonter
e seus fillos fezeron,
e quant' ouveron mester
a cada u deron.
Pois poseron
de ter castidade
e verdade
ontre si noit' e dia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Mais o dem', a que pesou
daquesto que poseran,
muitas carreiras buscou
pera o que fezeran
desfazer, e tant' andou
que, o que manteveran,
u jouveran
cada u en seu leito
con despeito
os meteu en folia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Muit' ouv' o demo prazer
pois que ouve vençudo
o om', e fez-lo erger
de seu leit' encendudo
por con ssa moller jazer.
E o que prometudo
e tudo
muit' era que guardass' e
non britasse,
el ende o partia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

A moller chorand' enton,
a que muito pesava,
lle diss' aquesta razon:
como o dem' andava
por britar ssa profisson;
mas que lle conssellava
e rogava
que o el non fezesse,
ca soubesse
que a Deus pesaria.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

«Demais, festa será cras
dessa Pascoa santa;
porend' en ti Sathanas
non aja força tanta
que o que prometud' ás
brites, ca quen quebranta
ou ss' encanta
a britar sa promessa,
log' en essa
ora de Deus desvia».
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

O ome non quis per ren
leixar seu fol deleito,
nen catou y mal nen ben;
mais pois conpriu o preito,
ela con sanna poren
diz: «O que será feito,
eu endeito
o daqui que seu seja,
sen peleja,
do demo todavia».
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Logo bes dessa vez
a moller foi encinta
dun me[ny]nno que pois fez
con pesar, sen enfinta,
por que o mui mais ca pez
negro nen que a tinta
del non quinta,
mais todo o meno
fremoso
depois aver devia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Onde depois, sen mentir,
o demo de mal cho
aos doz' anos pedir
aquel menynno vo
a ssa madre, sen falir,
e diss': «Ao quinzo
en meu so
o levarei sen falla,
sen baralla
d' outre e sen perfia».
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

A madre con gran pesar
e con mui gran quebranto
começou log' a chorar
por seu fill' e fez chanto;
e pois feze-o chamar
e disse-ll' enton tanto:
«Ao santo
Papa que é en Roma
vai, e toma
aver por ena via.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Ca d' atanto soon fis
que te porrá conssello
en teu mal, par San Denis».
E o moç' en trebello
nono tev' e por Paris
foi; e pois no concello
no vermello
pano connoceu logo
no meog' o
Papa da crerezia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

E tan toste que o viu,
a ele mantenente
foi e ben lle descobriu
seu feito, que niente
del non leixou nen mentiu.
Mai-lo Papa Cremente
certamente
lle disse: «Essa ora,
sen demora,
te vai pera Suria;
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Ca un sant' om' y está
que end' é Patriarcha
daquela terra e á
en pode-la comarca,
e conssello te dará
bõo, se Deus [me] parca.
Busca barca
e vai tost', e non chores
nen demores,
e faz ta romaria».
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Contaria-vos de dur
as mui grandes tormentas
que sofreu no mar de Sur
o moço, ca trezentas
millas correu sen nenllur
folgar, ou quatrocentas
ou quinentas,
sen ancora deitaren
nen chegaren
a terra d'Armenia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

E per com' aprendi eu,
o moço, muit' aginna
chegou a el e lle deu
a carta que tiinna
e disse-ll': «Ai, sennor meu,
pola Santa Reynna,
meeza
na mia coita pon cedo».
E con medo
seu mal lle descobria.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

O Patriarcha sen al
lle disse: «Sei que andas
con mui gran coita mortal;
mas desto que demandas,
un hermitan sei atal
que vestiduras blandas
nen viandas
non usa terraes,
senon taes
como llas Deus envia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

E acha-lo-ás, ben sey,
ena Negra Montanna;
mais atanto te direi
que non leves conpanna,
ca, per com' eu apres' ey,
nona quer, e sa manna
é estranna
d' outr' ome, e sa vida
mui conprida».
Soo, sen conpania,
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

O camynn' enton colleu
o moç', e gran jornada
pois cada dia prendeu,
que nunca folgou nada,
ata que ll' apareceu
a hermida sagrada
u morada
daquel religioso
omildoso
era, que Deus servia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

O moç' ouve gran sabor
pois entrou na capela,
mas do hermitan mayor,
que viu dentr' en sa cela,
u ll' enton Nostro Sennor
deu en un' escudela
grand' e bela
dous paes ben do ceo,
so un veo
que a toda cobria.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

E o angeo de Deus
do ceo da altura
deceu ontr' os servos seus
en mui bela figura
e diss': «Ai, amigos meus,
porque vossa natura
non endura
muito fame nen sede,
dous tede
pães». E logo ss' ya.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Pois comeron daquel pan,
o moço ssa fazenda
contou ao hermitan,
chorando sen contenda.
El diss': «A do bon talan
roga que te defenda
e conprenda
o demo e o dome,
que non tome
a ti com' el querria.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Ela seja teu solaz
ate ena mannãa
que direi eu, se lle praz,
missa pela luz chãa
e comungar-t-ei en paz,
e a ta alma sãa
e certãa
será de Parayso,
u á riso
sempre e alegria».
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

O hermitan ant' a luz
as oras foi dizendo
daquel que morreu na cruz
por nos pas sofrendo.
O meny' enton ll' aduz
seus livros mui correndo,
e tremendo
disse: «Missa dizede,
e valede
me, ca tenpo seria».
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

De Pascoa no mes d' abril
a missa começaron;
mai-lo demo mui sotil,
el e os seus andaron
tant' a redor do covil,
que o moço fillaron
e levaron
da missa na segreda,
que mui queda
o hermitan dizia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Com' a estoria diz,
u diabres levavan
o moç' e como perdiz
assi o depenavan,
viron a Emperadriz
do Ceo, que dultavan,
e leixavan
o moço e fugian,
ca sabian
que llo non leixaria.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Pois que tolleu o donzel
a Virgen, com' oistes,
ao dem' e seu tropel
fezo fugir mui tristes;
mais o hermitan fiel
diss': «Ai, Deus, consentistes
ou dormistes
u mi o moço prenderon
e tolleron,
que ante mi siia?»
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

Como ome que sse dol,
chorand' e non riindo,
o hermitan come fol
s' ouv' a tornar pedindo
o moço; e en ssa prol
estando comedindo,
foi oyndo,
u a Paz acabara,
que ll' en crara
voz «amen» respondia.
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

O hermitan enton pres
o moço pela mão,
que a Reynna cortes
lle dera livr' e são,
e disse-ll': «Amigo, ves:
eu te faço certão
ben de chão
que des oy mais es quito
do maldito
demo que te seguia».
Con seu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nos Santa Maria.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69