anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CXXX

Esta é de loor de Santa Maria.

Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.

Ca ela faz todo ben entender,
e entendendo nos faz connocer
Nostro Sennor e o seu ben aver
e que perçamos do demo pavor,
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.

En cujo poder outras donas van
mete-los seus, e coita e afan
lles fazen soffrer, atal costum' an;
poren non é leal o seu amor.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.

As outras fazen ome seer fol
e preçan-ss' ende, assi seer sol;
mais esta nos dá sis' e faz-nos prol
e guarda-nos de faze-lo peyor.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.

As outras dan seu ben fazendo mal,
e esta dando-o senpre mais val;
e queno gaannad' á, non lle fal,
senon se é mui mao pecador.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.

As outras muitas vezes van mentir,
mas aquesta nunca non quer falir;
e porende, quen sse dela partir
Deu-lo cofonda, per u quer que for.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.

As outras nos fazen muit' esperar
polo seu ben e por el lazerar,
mas esta non quer con seu ben tardar
e dá-nos ben d' outros bes mayor.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.

E poren seu entendedor serei
enquant' eu viva, e loarei
e de muitos bées que faz direi
e miragres grandes, ond' ei sabor.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69