anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CXLII

Como Santa Maria quis gua[r]dar de morte un ome dun rei que entrara por ha garça en un rio.

Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

Com' ha vez acorreu ant' el Rey
Don Affonsso, com' ora vos direi,
a un ome que morrera, ben sei,
se non fosse pola que nos manten.
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

Esto foi eno rio que chamar
soen Fenares, u el Rey caçar
fora, e un seu falcon foi matar
en el ha garça muit' en desden.
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

Ca pero a garça muito montou,
aquel falcon toste a acalçou
e dun gran colbe a à lle britou,
e caeu na agua, que ja per ren
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

Os cães non podian acorrer,
ca o rio corria de poder,
por que ouveran a garç' a perder.
Mas el Rey deu vozes: «Quen será, quen
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

Que entre pola garça e a mi
a traga logu' e aduga aqui?»
E un d' Aguadalffaja[ra] assi
disse: «Sennor, eu adurey aquen
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

Do rio». E log' en el sse meteu
con sas osas, que sol nonas tolleu,
e aa garça foi e a prendeu
pela cabeça, e quisera-ss' en
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

Tomar, ca avia mui gran sabor
de da-la garça al Rei, seu sennor.
Mai-la agua o troux' a derredor
de guisa que lle fez perde-lo sen.
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

Ca a força d' agua assi o pres
que o mergeu duas vezes ou tres;
mas el chamou a Virgen [mui] cortes,
que pariu Jesu-Crist' en Belleen.
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

E todos a chamaron outro tal,
mas el Rei disse: «Non averá mal;
ca non querrá a Madr' esperital
que nos guarda e nos en poder ten».
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

E macar todos dizian: «mort' é»,
el Rey dizia: «non ést', a la ffe;
ca non querria aquela que sé
sempre con Deus e de nos non desten».
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

E assi foi; ca logo sen mentir
o fez a Virgen do rio sayr
vivo e são e al Rey vir
con ssa garça que trouxe ben dalen.
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

E foy-a dar log' al Rey manaman,
que beizeu muit' a do bon talan
por este miragre que fez tan gran,
e todos responderon log': «Amen».
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Canción La Capella Reial de Catalunya. Hesperion XX. Jordi Savall