anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CLIII

Como ha moller de Gasconna, que desdennava a romaria de Santa Maria de Rocamador, disse que, sse a alá non levass' ha sela en que siia, que nunca yria alá.

Quen quer que ten en desden
a Santa Maria,
gran mal lle verrá poren.

Daquest' avo assi,
temp' á, en Gasconna,
que ha dona ouv' y
de pouca vergonna,
que sol non týa en ren
d' ir en romaria,
atant' era de mal sen,
Quen quer que ten en desden
a Santa Maria,
gran mal lle verrá poren.

A Rocamador, que d' y
mui preto estava.
E poren, com' aprendi,
muito a coytava
ha ssa moça des en,
dizendo: «Perfia
fillastes que prol non ten;
Quen quer que ten en desden
a Santa Maria,
gran mal lle verrá poren.

E pois non queredes yr
en nulla maneyra,
vel leixade-me conprir
aquesta carreyra».
Disse-ll' ela: «Vay e ven,
ai, louca, sandia,
ca eu non m' irei daquen,
Quen quer que ten en desden
a Santa Maria,
gran mal lle verrá poren.

Se m' a sela non seguir
en que assentada
sejo, e que sen falir
me lev' y folgada».
Ond' aquest' avo en
que logo s' ergia
a sela ligeyramen
Quen quer que ten en desden
a Santa Maria,
gran mal lle verrá poren.

E ant, o altar deceu
da mui Groriosa;
e culpada se tendeu,
chamando-ss' astrosa,
dizendo: «tal será quen
fillar ousadia
contra quen lle non conven».
Quen quer que ten en desden
a Santa Maria,
gran mal lle verrá poren.

Ali sse desaprendeu
dela log' a sela
e ant' o altar caeu
da Madre-donzela,
que senpre quer nosso ben;
e ya por vee-la
gente daquend' e dalen.
Quen quer que ten en desden
a Santa Maria,
gran mal lle verrá poren.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical