anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CLXI

Como uun ome de Moriella, que ameude ya a Santa Maria de Salas e tragia sa Magestade, viu vir nuveado e pos a Magestade na sa vinna; e non firiu y a pedra, e toda-las outras foron apedreados en derredor.

Poder á Santa Maria, a Sennor de piadade,
de defender toda terra de mal e de tempestade.

En Aragon, en Moriella, un om' assaz pobr' avia
que aa Virgen de Salas muit' ameud' alá ya,
e por ser de mal guardado seu sinal sigo tragia,
en que era figurada mui ben a ssa Majestade.
Poder á Santa Maria, a Sennor de piadade,
de defender toda terra de mal e de tempestade.

Est' avia ha vynna que mais d' outra ren amava,
e pero grande non era, daquesta se governava
e ssa moller e seus fillos e vestia e calçava,
ca outr' aver non avia no mundo, nen outr' erdade.
Poder á Santa Maria, a Sennor de piadade,
de defender toda terra de mal e de tempestade.

Ond' avo en agosto un dia que nuveado
se levantou muit' escuro e con torvon mesturado,
e via mui correndo, ond' el foi muit' espantado
e diss' «Ay, Santa Maria, a mia va me guardade.
Poder á Santa Maria, a Sennor de piadade,
de defender toda terra de mal e de tempestade.

E pero que mynna digo, ante tenno que é vossa,
macar eu e mia conpanna a lavremos come nossa;
pois guardade-mia de pedra que lle mal fazer non possa,
e fillade-a pois toda ou sequer a meadade».
Poder á Santa Maria, a Sennor de piadade,
de defender toda terra de mal e de tempestade.

Dizend' esto, a omagen foi põer eno meogo
de ssa vinna; e a pedra feriu mui de rrijo logo
en toda-las outras vinnas, mais na sua, polo rogo
que fez a Santa Maria, non tangeu par caridade.
Poder á Santa Maria, a Sennor de piadade,
de defender toda terra de mal e de tempestade.

Aynda foi mayor cousa, que xermentos que passavan
daquela va nas outras e con eles sse juntavan,
as pedras todos britaron; mas en aquestes non davan
du a omagen estava, esto creed' en verdade.
Poder á Santa Maria, a Sennor de piadade,
de defender toda terra de mal e de tempestade.

As vynnas en redor desta todas foron destroidas,
mas esta non prendeu dano, porque foron ben oydas
da Virgen as orações daquest' ome que fez idas
per muitas vezes a Salas en yvern' e en estade.
Poder á Santa Maria, a Sennor de piadade,
de defender toda terra de mal e de tempestade.

E poren loar devemos a Madre do grorioso
Rei, que fez este miragre por ela atan fremoso,
per que cada u deve a seer mui desejoso
d'aver a sua mercee, en que jaz toda bondade.
Poder á Santa Maria, a Sennor de piadade,
de defender toda terra de mal e de tempestade.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical