anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CLXXIII

Como Santa Maria de Salas guareceu u ome que avia a door que chaman da pedra.

Tantas en Santa Maria son mercees e bondades,
que sãar pod' os coitados de todas enfermidades.

Dest' avo un miragre, per com' eu oý dizer
a muitos omes bõos e que eran de creer,
que mostrou, Santa Maria por un seu serv' acorrer;
onde gran torto faredes, se me ben non ascuitades.
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades,
que sãar pod' os coitados de todas enfermidades.

Est' ome d' Aragon era, e avia tan gran mal
de pedra, que en gran coita era con ela mortal;
que comer sol non podia nen dormir nen fazer al
senon chamar senpr' a Virgen, a Sennor das piadades.
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades,
que sãar pod' os coitados de todas enfermidades.

A muitos fisicos fora, mas non lle prestaran ren;
porend' en Santa Maria sa voontad' e seu sen
posera. E log' a Salas se foi rogar a que ten
o mund'en seu mandamento, que non catass' as maldades
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades,
que sãar pod' os coitados de todas enfermidades.
[. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .]

E que esto non dissesse a outri, mas ssa carreira
se foss'. E el espertou-sse enton e achou enteira
a pedra sigo na cama, tan grande que verdadeira-
ment' era come castanna, esto de certo sabiades.
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades,
que sãar pod' os coitados de todas enfermidades.

Enton el a Virgen muito loou. E nos a loemos
por este tan gran miragre, e gran dereito faremos,
ca sempr' ela nos acorre enas coitas que avemos,
ca a ssa gran lealdade passa todas lealdades.
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades,
que sãar pod' os coitados de todas enfermidades.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical