anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CLXXXIV

Esta é como Santa Maria livrou de morte u menynno que jazia no ventre da madre, a que deran ha cuitelada pelo costado.

A Madre de Deus
tant' á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.

E de tal razon com' esta un miragre mui fremoso
vos direi que fez a Virgen, Madre do Rei Poderoso,
en terra de Santiago, en un logar montannoso,
[hu] ha moller morava que era prenn' ameude
A Madre de Deus
tant' á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.

De seu marido; mais ela, polas ss[u]as pecadillas,
quantos les nunca nacian, assi fillos come fillas,
todos lle morrian logo; mais das s[u]as maravillas
mostrou [y] Santa Maria, que sobrelos seus recude.
A Madre de Deus
tant' á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.

Ela con pavor daquesto, e de que era prennada
encomendou aa Virgen, a Madre de Deus onrrada,
que ela que a guardasse que non foss' acajõada,
dizendo: «Dá-me meu fillo, que ben a viver m' ajude».
A Madre de Deus
tant' á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.

Ela aquesto fazendo, o demo cho d' enveja
aguisou que seu marido ouve con outros peleja,
e deron-ll' ha ferida pelos peitos tan sobeja
que morreu, ca assi faze quen non á queno [e]scude.
A Madre de Deus
tant' á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.

Ela que viu o marido [a] que chagavan de morte,
foi-sse-lle deitar de suso; e deron-ll' enton tan forte
ferida pelo costado que morreu, tal foi sa sorte.
Mai-lo fillo pela chaga sayu, [que] mester engrude
A Madre de Deus
tant' á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.

Avia pera sa chaga que na face lle ficara
que ll' o cuitelo fezera que a ssa madre matara.
Mais quiso Santa Maria, a que o [en]comendara
sa madre, que non morresse nen foss' el en [a]taude.
A Madre de Deus
tant' á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.

Ante quiso que vivesse crecess' e sse criasse,
e sempre reconnocesse a Virgen e a loasse,
e o sinal parecesse da chaga, per que provasse
este feito [e] que sempre om' en ssa loor [e]stude.
A Madre de Deus
tant' á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69