anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CXC

Esta é de loor.

Pouco devemos preçar
o demo, se Deus m' anpar,
pois nos a Virgen guardar,
que nos caudela;
pois no-la Virgen guardar.

Muito faremos mal sen
se o temermos de ren,
pois no-la Virgen manten,
que nos caudela;
pois no-la Virgen manten.

Ca seu poder pouco val,
pois nos guarda de seu mal
a Virgen espirital,
que nos caudela;
a Virgen esperital.

Seu saber pouco nos nuz,
pois é nossa lum' e luz
a que viu seu Fill' en cruz,
que nos caudela;
a que viu seu Fill' en cruz.

Nono devemos creer
nen por ele mal fazer,
pois nos a Virgen valer,
que nos caudela;
pois nos a Virgen valer.

Seu engano nada é,
pois por nos ante Deus sé
a en que ficou a fe,
que nos caudela;
[a en que ficon a fe].

autˇgrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Cˇdices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69