anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCI

Como Santa Maria livrou de morte ha donzela que prometera de guardar sa virgidade.

Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

E poren, meus amigos, agora m' ascuitade
un fremoso miragre, com' aprix en verdade
que fez Santa Maria de mui gran piadade,
que sempre por nos roga a Deus a noit' e dia.
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

E aqueste miragre [fez] por ha donzela
que era de gran guisa e aposta e bela
e que lle prometera de seer sa ancela
e de guardar seu corpo ben de toda folia.
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

Assi o fez gran tempo. Mas o diabr' antigo,
que de virgidade é sempre emigo,
a tentou en tal guisa que lle fez por amigo
fillar un seu padro, con que fez drudaria,
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

De guisa que foi prenne per ssa malaventura
e ouve del un fillo, mui bela creatura;
e pois que o viu nado, creceu-ll' e[n] tal tristura,
que o matou mui toste como moller sandia.
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

Pois que o ouve morto, non soub' aver recado
de parti[r]-sse do feito, mas tornou no pecado
e ar fez outro fillo; e logo que foi nado,
mató-o; ar fez outro que pos per esta via.
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

Pois seus tres fillos ouve mortos a malfadada
per consello do demo, foi ben desasperada
que per ren que fezesse nunca ja perdõada
de Deus nen de sa Madre seer non poderia.
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

E creceu-ll' en tal coita, que ouve tal despeito
de ssi que dun cuitelo se feriu eno peito;
e non morreu do colbe, ca non foi a dereito,
pero caeu en terra, ca mui mal lle doya.
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

E que morress' agynna fez cousa muit' estrãya;
ergeu-sse mui correndo e pres ha aranna
e comeu-a tan toste; mas non era tamanna
nen tan enpoçõada en com' ela queria.
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

E pois viu que por esto ja morte non presera,
foi comer outra grande empoçõad' e fera,
con que inchou tan muito que a morrer ouvera.
E jazend' en tal coita, muito sse repentia
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

Do mal que feit' ouvera e diss': «Ai Groriosa,
non cates com' eu sõo pecador e astrosa,
nen sofras que me perça, mas sei-me piadosa
e guarda-me do demo e da ssa gran perfia».
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

Enton a Virgen santa ll' apareceu de chão
e polo corpo todo foi-lle tragend' a mão,
e tornou-llo tan fresco, tan fremos' e tan são
como nunca mais fora, e assi a guaria,
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

Dizend': «E non te nenbra que prometud' ouveste
de ter castidade, mas pois nona teveste?
Mais se te ben partires deste mal que fezeste,
perdõar-cha-á meu Fillo, ca eu t' ajudaria».
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

Quando ll' est' ouve dito, foi-sse; e mui guarida
ficou assi a dona, e tan toste sayda
fez dali e pres orden, u acimou ssa vida
tan ben, por que dos santos foi en ssa conpania.
Muit' é mais a piadade de Santa Maria
que quantos pecados ome fazer poderia.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical