anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCIII

Como Santa Maria acrecentou a fara a ha bõa moller porque a dava de grado por seu amor.

Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer
algun ben, dar-vo-ll-á ela que dé, se o non tever.

Por esto dev' ome sempre a servir e a guardar
a Virgen Santa Maria e no seu ben confiar;
ca vos direi un miragre que quis pouqu' i á mostrar
a ha sua amiga que era santa moller.
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer
algun ben, dar-vo-ll-á ela que dé, se o non tever.

E[n] servir Deus e os santos avia mui gran sabor,
e seu tempo despendia en servir Nostro Sennor;
e se ll' os pobres pedian esmolna polo amor
da Virgen Santa Maria, logo lles dava que quer
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer
algun ben, dar-vo-ll-á ela que dé, se o non tever.

Que tevesse. En ssa casa un dia estand' assi,
muitos pobres vergonnosos pedir veron ali,
e deu-lles ha grand' arca de farynna cha y;
disseron: «Santa Maria vos dé ben, se ll' aprouguer».
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer
algun ben, dar-vo-ll-á ela que dé, se o non tever.

A cabo da gran peça outra conpanna chegou
de pobres, e ouve doo deles grande e chamou
ante ssi ha ssa filla e disso: «Sse y ficou
ja que pouca de fara, dade-ll' a que y ouver».
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer
algun ben, dar-vo-ll-á ela que dé, se o non tever.

A filla enton lle disso: «Con mia mão varri ja
a arca». E diss' a madre: «Ar yde pero alá».
E foi e achou-a cha de farynna ben ata
na cima, e deu-lles dela quanto lles ouve mester.
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer
algun ben, dar-vo-ll-á ela que dé, se o non tever.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical