anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXI

Como Santa Maria guareceu en onna al Rei Don Fernando, quand' era meno, da grand' enfermidade que avia.

Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

Ca muito a amar deven, porque Deus nossa figura
fillou dela e pres carne; ar porque de sa natura
vo, e porque justiça ten del e dereitura,
e Rei nome de Deus éste, ca el reina todavia.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

E porend' un gran miragre direi, que avo quando
era moço peque[ni]nno o mui bon Rei Don Fernando,
que senpre Deus e ssa Madre amou e foi de seu bando,
por que conquereu de mouros o mais da Andaluzia.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

Este men' en Castela con Rei Don Alffonsso era,
seu avoo, que do reino de Galiza o fezera
vir e que o amava a gran maravil[l]a fera.
E ar era y sa madre, a que muit' ende prazia,
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

E sa avoa y era, filla del Rei d'Ingraterra,
moller del Rei Don Alffonsso, por que el passou a serra
e foi entrar en Gasconna pola ga[ann]ar per guerra,
e ouv' end' a mayor parte, ca todo ben merecia.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

E pois tornou-ss' a Castela, des i en Burgos morava,
e un espital fazia el, e sa moller lavrava
o mõesteiro das Olgas; e enquant' assi estava,
dos seus fillos e dos netos mui gran prazer recebia.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

Mais Deus non quer que o ome esté senpr' e[n] un estado,
quis que Don Fernando fosse, o seu neto, tan cuitado
da grand' enfermedade, que foi del desasperado
el Rei; mas enton sa madre tornou tal come sandia.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

E oyu falar de Onna, u avia gran vertude;
diss' ela: «Leva-lo quero aló, assi Deus m' ajude,
ca ben creo que a Virgen lle dé vida e saude».
E quand' aquest' ouve dito, de seu padre s'espedia.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

Quantos la [yr] assi viron gran piadad' end' avian,
e mui mais polo meno, a que todos ben querian;
e yan con ela gentes chorando muit', e changian
ben come se fosse morto, ca atal door avia.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

Ca dormir nunca podia nen comia nemigalla,
e vermes del sayan muitos e grandes sen falla,
ca a morte ja vencera sa vida sen gran baralla.
Mas chegaron log' a Onna e teveron sa vegia
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

Ant' o altar mayor logo e pois ant' o da Rea,
Virgen santa gloriosa, rogando-l[l]e que aga
en tan grand' enfermedade posesse sa meeza,
se serviço do meno en algun tenpo queria.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

A Virgen Santa Maria logo con sa piadade
acorreu ao meno e de ssa enfermedade
lle deu saude conprida e de dormir voontade;
e depois que foi esperto, logo de comer pedia.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

[E] ante de quinze dias foi esforçad' e guarido
tan ben que nunca mais fora; demais deu-l[l]e bon sentido.
E quand' el Rei Don Alffonsso ouv' este miragr' oydo,
logo se foi de camo a Onna en romaria.
Ben per está aos reis d'amaren Santa Maria,
ca enas mui grandes coitas ela os acorr' e guia.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical