anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXII

Esta é do capelan que cantava missa no mõesteiro das donas d'Achelas, que é en Portugal, [e] consomyu ha aranna, e depois sayu-lle pelo braço.

Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

Ca ela troux' en seu ventre vida e luz verdadeira,
per que os que son errados saca de maa carreira;
demais, contra o diabo ten ela por nos fronteira
como nos nozir non possa en esta vid' escarnida.
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

Pois dizer-vos quer' eu dela un miragre mui fremoso,
e ben creo que vos seja d'oí-lo mui saboroso,
e demais pera as almas seer-vos-á proveitoso;
e per mi, quant' ei apreso, non será cousa falida.
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

En Portugal, a par da vila, muy rica cidade
que é chamada Lixbõa, com' eu achei en verdade,
á y un [rico] mõesteyro de donas, e castidade
manten, que pois nos ceos ajan por senpre guarida.
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

Este mõesteyr' Achelas á nom' e ssi é chamado;
e un capelan das donas, bõo om' e enssinado,
estava cantando missa com' avia costumado,
e avo-ll' assi: ante que foss' a missa fida,
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

Quando [a] consomir ouve o Corpo de Jhesu-Cristo,
per que o demo vençudo foi ja por senpr' e conquisto,
caeo dentro no caliz, esto foi sabud' e visto,
per un fi' a aranna grand' e negr' e avor[r]ida.
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

O capelan ha peça estev' as[s]i en dultança
e non soube que fezesse; pero ouve confiança
na Virgen Santa Maria, e logo sen demorança
a aranna cono sangui ouve logo consumida.
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

Pois que ouv' a missa dita, o capelan logo dessa
foi contar est' aas donas des i aa prioressa.
E con medo de poçõya, mandou-o sangrar log' essa
dona e toda-las monjas, esta cousa foy ordida.
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

Mais agora oyredes todos a mui gran façanna
que ali mostrou a Virgen, nunca vistes tan estranna:
pelo braço lle sayu viva aquela aranna,
ante que sangui saisse per u deran a fferida.
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

As donas maravilladas foron desto feramente
e a aranna mostraron enton a muita de gente,
e loaron muit' a Madre de Deus Padr' omnipotente,
que todos a[o] sseu reino comunalmente convida.
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

Nos o[u]trossi ar loemos a Virgen Santa Maria
por tan fremoso miragre, e roguemos noit' e dia
a ela que do diabo nos guard' e de ssa perffia,
que pera o parayso vaamos dereita yda.
Quen ouver na Groriosa fiança con fe conplida,
non lle nozirá poçõya, e dar-ll-á por sempre vida.

autˇgrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Cˇdices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical