anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXIII

Esta é como Santa Maria sãou u ome bõo que coidava morrer de ravia.

Todo-los coitados que queren saude
demanden a Virgen e a ssa vertude.

Ca ela poder á de saude dar
e vida por sempr' a quen lla demandar
de coraçon; e desto quer' eu contar
un mui bon miragre, assi Deus m'ajude.
Todo-los coitados que queren saude
demanden a Virgen e a ssa vertude.

Per todo o mund' ela miragres faz,
mais da sa casa, cabo Monssarraz,
que chaman Terena, sei ben que assaz
faz muitos miragres a quen y recude.
Todo-los coitados que queren saude
demanden a Virgen e a ssa vertude.

E porend' u ome bõo, Don Mateus,
qu' en Estre[moz] mora, proug' assi a Deus
que raviou mui fort', e os parentes seus
alá o levaron, ca muit' ameude
Todo-los coitados que queren saude
demanden a Virgen e a ssa vertude.

De toda-las terras gentes ven y.
E pois y foron, quis a Virgen assy
que foi logo são; e, com' aprendi,
ja ll' ante fazian os seus ataude
Todo-los coitados que queren saude
demanden a Virgen e a ssa vertude.

En que o metessen por morto de pran.
Poren non devia ter por affan
quen servir podes[s]' esta de bon talan
e contra o demo daquesta s'escude.
Todo-los coitados que queren saude
demanden a Virgen e a ssa vertude.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical