anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXIV

Como Santa Maria de Terena, que é no reino de Portugal, ressucitou ha mena morta.

A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

Ant' é con mui gran razon, a quen parar y femença,
en aver tal don de Deus a de que el quis nacença
fillar por dar a nos paz, e tal é nossa creença;
e quen aquesto non cree, faz torpidad' e loucura.
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

Porend' un miragre seu vos direi, pois m'ascuitades,
da Virgen a que deu Deus poder sobr' enfermidades
de as toller; e sei ben que, se y mentes parades,
veredes que á poder sobre toda creatura.
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

Assi com' oý dizer a quen m' aquest' á contado,
en riba d'Aguadiana á un logar muit' onrrado
e Terena chaman y, logar mui sant' aficado,
u muitos miragres faz [a Sennor de dereitura.]
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

Ond' avo pois assy que en Beja, u morava
un ome casado ben con sa moller que amava,
almoxerife del Rey era el, e confiava
muit[o] en Santa Maria; mais avia gran tristura
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

Porque non podi' aver fillo de que gradoasse
e que pois sa mort' en seu aver erdeiro ficasse.
Mais sa moller emprennou, e u cuidou que folgasse
con fill' ou filla, enton ar veõ-ll' outra rancura.
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

Ca u pariu sa moller, naceu-ll' enton ha filla
que ben terredes que foi muit' estranna maravilla
ca o braço lle sayu [ontr' o corp' e a verilla]
juntado de ssu assi que non era de costura.
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

O bon om' e ssa moller foron enton mui cuitados
e entenderon que foi aquesto per seus pecados;
choraron muito poren, pero foron conortados,
eno que Deus quer fazer cobraron sa queixadura.
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

E un an' enteir' ou mais en sa casa a criaron.
E dos miragres enton da Virgen ali contaron
que faz grandes en Terena; porend' ambos outorgaron
de levar la menynna, [e] fizeron atal postura.
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

[E] anbos de Beja 'nton se sairon [pois] un dia
con outra conpanna d'i; e quando foron na via,
ha legua do logar u era Santa Maria
de Teren', acharon ssa filla morta. Log' a ura
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

Ouveron de a levar alá por seer soterrada
eno cimiteyro d'i. Outro dia madrugada
mandaron missas cantar; e ha missa cantada,
resorgiu a mort' enton, braadando de mesura.
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

A volta foi no logar grand', e os romeus correron
aa moça, e enton dos panos la desbolveron
e viron-l[l]' o braç' ali desapreso, e renderon
graças a Santa Maria, que é Sennor d'apostura.
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

Pois aquel miragr' atal viron os que [y] veron
en Teren', e log' assi mui grandes offertas deron
en Beja e nos logares; e pois que esto souberon,
feito tan maravilloso, loaron a Virgen pura.
A Reynna en que é comprida toda mesura,
non é sen razon se faz miragre sobre natura.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical