anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXV

Como hu clerigo ena missa consomiu ha aranna que lle caeu no calez, e andava-lle ontr' o coiro e a carne viva, e fez Santa [Maria] que lle saysse pela unna.

Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

E daquest' un gran miragre vos será per mi contado,
e d'oir maravilloso, pois oyde-o de grado,
que mostrou a Santa Virgen, de que Deus por nos foi nado,
dentro en Cidad-Rodrigo. E é mui maravilloso
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

Ontr' os outros que oystes, e tenn' eu que atal éste
o que vos contarei ora que avo a un preste
que dizia senpre missa da Madre do Rei celeste;
e porque a ben cantava, era en mui desejoso
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

O poblo de lla oyren. Mas un dia, sen falida,
ena gran festa d'Agosto, desta Sennor mui conprida
estava cantando missa; e pois ouve consomida
a Osti', ar quis o sangui consomir do glorioso
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

Jhesu-Crist'. E viu no caliz jazer ha grand' aranna
dentro no sangui nadando, e teve-o por estranna
cousa; mais mui grand' esforço fillou, a foro d'Espanna,
e de consomir-lo todo non vos foi mui vagaroso.
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

E pois aquest' ouve feito, non quis que ll' enpeecesse
Deus o poçon da aranna nen lle no corpo morresse;
e pero andava viva, non ar quis que o mordesse,
mas ontr' o coir' e [a] carn' ya aquel bestigo astroso.
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

E andava muit' agynna pelo corp' e non fazia
door nen mal, por vertude da Virgen Santa Maria;
e se ss' ao sol parava, log' a aranna viya,
e mostrando-a a todos dizend': «O Rei piadoso
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

Quis que polos meus pecados aqueste marteir' ouvesse;
poren rogo aa Virgen que se a ela prouguesse,
que rogas[s]' ao seu Fillo que cedo mi a morte désse
ou me tolles[s]' esta coita, ca ben é en poderoso».
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

Esta aranna andando per cima do espaço
e depois pelos costados e en dereito do baço,
des y ya-ll' aos peitos e sol non leixava braço
per que assi non andasse; e o corpo mui veloso
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

Avia esta aranna. E un dia, el estando
ao sol, ora de nõa, foi ll' o braç' escaentando,
e el a coçar fillou-ss' e non catou al senon quando
lle sayu per so a unlla aquel poçon tan lixoso.
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

E tan toste que sayda foi, o crerigo fillou-a
e fez logo dela poos e en sa bolssa guardo[u]-a;
e quando disse sa missa, consumiu-a e passou-a,
e disse que lle soubera a manjar mui saboroso.
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

As gentes que y estavan, quand' ouveron esto visto,
loaron muito a Madre do Santo Rei Jesu-Cristo;
e des ali adeante foi o crerigo por isto
mui mais na fe confirmado, e non foi luxurioso.
Muito bon miragr' a Virgen faz estranno e fremoso,
porque a verdad' entenda o neicio perfioso.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical