anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXVI

Esta é do mõesteiro d'Ingraterra que ss' affondou e a cabo dun ano sayu a cima assi como x' ant' estava, e non se perdeu null' ome nen enfermou.

Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

E dest' un miragre per quant' aprendi
vos contarei ora grande, que oý
que Santa Maria fez, e creed' a mi
que mayor deste non vos posso contar.
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

Ena Gran Bretanna foi ha sazon
que un mõesteiro de religion
grand' ouv' y de monges, que de coraçon
servian a Virgen beita sen par.
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

[E] Santa Maria, u todo ben jaz,
mostrava aly de miragres assaz
e tia o logo guardad' e en paz;
mais quis Deus por ela gran cousa mostrar.
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

Que dia de Pasqua u Deus resorgiu,
começand' a missa os monges, s'abriu
a terr' e o mõesteiro se somyu,
que nulla ren del non poderan achar.
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

E log' assi todo so terra entrou
que ninha ren de fora non ficou;
mais Santa Maria alá o guardou
que niha ren non pode del minguar,
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

Eigreja nen claustra neno dormidor
neno cabidoo neno refertor
nena cozynna e neno parlador
nen enfermeria [u] cuidavan sãar,
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

Adega e vynnas con todo o seu,
ortas e moos, com' aprendi eu,
guardou ben a Virgen, e demais lles deu
todo quant' eles souberon demandar.
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

[E] assy viian alá dentr' o sol
como sobre terra; e toda sa prol
fazer-lles fazia, e triste nen fol
non foi niun deles, nen sol enfe[r]mar
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

Per ren non leixou mentre foron alá,
nen ar que morressen come os dacá
morrian de fora, ca poder end' á
de fazer tod' esto e mais, sen dultar.
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

Un grand' an' enteiro assi os ter
foi Santa Maria; mais pois foi fazer
que daly saissen polo gran poder
que lle deu seu Fillo pola muit' onrrar.
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

Ca dia de Pasqua, en que resorgir
Deus quis, foron todos a missa oyr;
enton fez a Virgen o logar sayr
todo sobre terra como x' ant' estar
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

Soya, que sol non en menguava ren.
E a gente toda foi alá poren,
e o convento lles contou o gran ben
que lles fez a Virgen; e todos loar
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

A foron poren como Madre de Deus
que manten e guarda aos que son seus.
Poren a loemos senpr', amigos meus,
ca esta nos ceos nos fará entrar.
Assi pod' a Virgen so terra guardar
o seu, com' encima dela ou no mar.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical