anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXXIV

Esta é como Santa Maria de Vila-Sirga fez oyr e falar un moço que era sordo e mudo, porque teve vigia ha noit' ant' o seu altar.

A que faz os peccadores dos peccados repentir,
ben pod' os mudos e sordos fazer falar e oyr.

Ca macar é mui gran cousa de fazer mudo falar
e oyr o que for sordo, mui mayor, se Deus m'anpar,
é de perdõar peccados; ca se de Deus non gannar
vertude pera fazelo, non pod' aquesto comprir.
A que faz os peccadores dos peccados repentir,
ben pod' os mudos e sordos fazer falar e oyr.

E porend' a groriosa Virgen, que o troux' en sy
enserrado no seu corpo, fez, per com' eu aprendi,
falar ha vez un mudo que era sord' outrossi,
e destas duas doores o foi muy toste guarir.
A que faz os peccadores dos peccados repentir,
ben pod' os mudos e sordos fazer falar e oyr.

Este moço de Saldanna era, per com' apres' ey,
natural, e Don Rodrigo o criou, per quant' eu sei,
que tiinn' aquela terra, ca ric-om' era del Rey,
e que con seus cavaleiros lle avia de servir.
A que faz os peccadores dos peccados repentir,
ben pod' os mudos e sordos fazer falar e oyr.

Onde ll' avo un dia que en coraçon ll'entrou
que sse foss' a Vila-Sirga; e foi y, e pois chegou,
aquel moço sord' e mudo alá consigo levou
e feze-o essa noite ben ant' o altar domir.
A que faz os peccadores dos peccados repentir,
ben pod' os mudos e sordos fazer falar e oyr.

Outro dia na mannãa a missa mandou dizer
da Virgen Santa Maria, de que Deus quiso naçer;
e quando foi ena sagra, começou-ss' a correger
a ling[u]a daquele moço e as orellas d'abrir.
A que faz os peccadores dos peccados repentir,
ben pod' os mudos e sordos fazer falar e oyr.

E quand' a missa foi dita, que non faliu ende ren,
falou log' aquele moço e outrossi oyu ben;
e quantos ali estavan loaron muito poren
a Virgen Santa Maria, e foron-ll' alg' offerir.
A que faz os peccadores dos peccados repentir,
ben pod' os mudos e sordos fazer falar e oyr.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical