anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXXIX

Esta é dun miragre que Santa Maria fez en Murça por un ome que deu seu aver a guardar a outro, e negou-llo e jurou-lle por el ant' a magestade.

Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

E desto vos quero falar
dun gran miragre e contar,
que Santa Maria mostrar
foi en Murça na cidade
por un que aver a guardar
deu a outr'en fialdade,
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

Que llo tevesse por llo dar
quando llo fosse demandar.
Mas aquele foi-llo negar,
dizendo: «Gran torpidade
fezestes sol desto cuidar,
e allur o demandade;
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

Ca eu non tenno voss' aver
nen nunca foi en meu poder.
E com' ides ora dizer
tal mentira? e calade».
Diss' o outro: «Ide fazer
jura ant' a Majestade
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

Da Virgen, de que Deus prender
quis carne por nos e nacer».
Disso-ll' aquel: «Sol deter
non me quero; pois andade
a jura ende receber,
e pois do al vos quitade».
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

D'aquesto jurar non dultou;
e pois que a jura jurou,
da eigreja ir se cuydou;
mas esto ffoi vãydade,
ca o queixo lle derribou
Deus con gran[d]' enfermidade.
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

E quis falar, mas non falou;
e pero a ir-se fillou
e u a ssa casa chegou
muit' adur disse: «Chamade
un prest», a quen sse confessou,
destes mores un frade.
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

E comesçou-ss' a repentir
de seus pecados e sentir;
mas aquel non quis descobrir,
de que fez grand' idade,
ca outra door lo ferir
foi poren par caridade.
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

E tan muito o foi seguir
que ja non pude mais mentir,
e o frade fez[o] vir,
dizendo: «Por Deus, uviade;
ca a alma mi quer sayr
porque menti. E vos dade
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

Mi consello, ca fiz gran mal,
ca jurei come desleal
por Deus gran mentira mortal;
e a Deus por mi rogade,
e ao que fui mentiral
o sseu do meu llo pagade.
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

E a Virgen que pod' e val,
Madre do Rey espirital,
por mi rogad' en guisa tal
que non cate mia maldade».
E a tercer dia sen al
foi mort'. E poren loade
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

A Virgen mui de coraçon
todos [e] con gran devoçon,
que sempre d' err' e d' ocajon
nos guarde por sa bondade,
e que de seu Fillo perdon
nos dé por sa piadade,
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

Assi que do demo felon
non entremos en sa prijon,
nen caiamos en cofojon,
mentindo por livialdade;
e pois el pres por nos paxon,
dé-nos no seu reyn' erdade.
Guardar-se deve tod' ome de jurar gran falssidade
ant' a omagen da Virgen, que é Sennor da verdade.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical