anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCLII

Como Santa Maria guardou us omes que non morressen dejuso dun gran monte de ara que lles caeu dessuso.

Tan gran poder a ssa Madre deu en[o] fondo da terra
Deus d'acorrer os coitados, ben come en alta serra.

E sobr' aquest' un miragre pequenn' e bõo d'oyr
direi que Santa Maria fez fremoso, sen mentir;
e per y saber podedes como guarda quen servir
a vai de mal e de morte, e daquesto nunca erra.
Tan gran poder a ssa Madre deu eno fondo da terra
Deus d'acorrer os coitados, ben come en alta serra.

En Castroxeriz foi esto de que vos quero contar,
que por fazer a ygreja, de que vos fui ja falar,
omes so terra entraron pera ara cavar;
mas caeu logo sobr' eles o mont', e come quen serra
Tan gran poder a ssa Madre deu eno fondo da terra
Deus d'acorrer os coitados, ben come en alta serra.

Porta, assi ensserrados foron todos, e sen al
cuidaron que eran mortos. Mais a Sennor spirital
os acorreu muit' aga e os defendeu de mal
do demo, que ben cuidava aver sas almas per guerra.
Tan gran poder a ssa Madre deu eno fondo da terra
Deus d'acorrer os coitados, ben come en alta serra.

Os da vila, quand' oyron esto, per com' aprendi,
quiseron cavar o monte pera tira-los dali,
cuidando que mortos eran; mas acháronos assi
todos oraçon fazendo aa Virgen que aterra
Tan gran poder a ssa Madre deu eno fondo da terra
Deus d'acorrer os coitados, ben come en alta serra.

O demo. E poren todos foron logo dar loor
aa Virgen groriosa, Madre de Nostro Sennor,
ant' o altar da ygreja u fazian o lavor,
ca o que o demo mete en ferros, ela desferra.
Tan gran poder a ssa Madre deu eno fondo da terra
Deus d'acorrer os coitados, ben come en alta serra.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical