anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCLIV

Como dous monges que sairon da orden foron livres dos diabos polo nome de Santa Maria que ementaron.

O nome da Virgen [santa a]tan muit'é temoroso,
que quand' o oe o demo perde seu poder astroso.

E dest' avo en França un gran miragre provado,
que mostrou Santa Maria, ond' aja ela bon grado;
e porend' ontr' estes outros miragres será contado,
porque sei que o terredes por bõo e por fremoso.
O nome da Virgen [santa a]tan muit'é temoroso,
que quand' o oe o demo perde seu poder astroso.

Dous monges foi que sayron un dia dun mõesteiro
pora averen conorte do grand' affan e marteiro
que segund' ordin soffrian; e tod' un dia enteiro
andaron riba dun rio, ca era logar viçoso,
O nome da Virgen santa atan muit'é temoroso,
que quand' o oe o demo perde seu poder astroso.

Dizendo paravlas loucas, maas e desordadas,
e andavan-sse jogand' a couçes e a enpeladas;
e oras e orações ja avian obridadas,
e en serviço do demo cada un er' aguçoso.
O nome da Virgen santa atan muit'é temoroso,
que quand' o oe o demo perde seu poder astroso.

E eles assi andando, pelo rio vir viron
ha barqueta pequena con omes, e dentr' oyron
que muit' entre ssi falavan; e pois tod' esto cousiron,
preguntaron-lles: «Quen sodes?» Diss' un deles mui sannoso:
O nome da Virgen santa atan muit'é temoroso,
que quand' o oe o demo perde seu poder astroso.

«Macar omes semellamos, diabos somos sen falla,
que alma d'Ebron levamos, un alguazil, sen baralla».
Disseron enton os monges: «Santa Maria nos valla
e livre de vossas mãos con seu Fillo grorioso».
O nome da Virgen santa atan muit'é temoroso,
que quand' o oe o demo perde seu poder astroso.

Os diabos responderon: «Mester vos foi que chamastes
o nome da Virgen santa e que vos en el fiastes;
ca se por esto non fosse, porque vos desenparastes
o mõesteiro, connosco forades a tevroso
O nome da Virgen santa atan muit'é temoroso,
que quand' o oe o demo perde seu poder astroso.

Logar, en que muitas cuitas sofren os que y entraron».
Quand' est' oyron os monges, mantenente se tornaron
a seu mõesteir' e logo mui ben se mãefestaron,
e de Deus perdon ouveron, que é Sennor piadoso.
O nome da Virgen santa atan muit'é temoroso,
que quand' o oe o demo perde seu poder astroso.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical