anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCLXIII

Como Santa Maria apareçeu a un ome que era tolleito de todo-los nenbros e disse-lle que sse fezesse levar a ssa ygreja e seria logo são.

Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

Ca ela sempre a nos dá que façamos o mellor
per que nos guardemos d'erro e ajamo-lo amor
de Deus, e que ar sejamos sen coita e sen door;
poren quena non crevesse seria muito sandeu.
Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

E daquest' un gran miragre muy preto de Santander
fez a Virgen, en Cudejo, dun ome que gran mester
avia d'aver saude, que qual de seus nenbros quer
perdera en tal maneira, per que o corpo perdeu.
Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

E deste mal tan cuitado era que sol sse volver
non podia nen erge[r]-sse eno leito nen seer,
e chorando e gemendo non quedava de dizer
que o acorress' a Virgen, que a muitos acorreu.
Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

Un dia fazend' aquesto, mostrou-sse-lle, sen dultar,
a Virgen Santa Maria e disse: «Se tu sãar
queres dest' anfermidade, fais-te tan toste levar
a esta eigreja logo». E el espavoreceu;
Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

Pero falou como pode e disse: «Alá yrei
u me mandades que vaa; mas pois y for, que farei?»
Diss' ela: «Fas ha missa cantar, ca de certo sei
que pois que o Corpo vires de Deus que por ti morreu,
Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

Que tan toste gran saude no corpo receberás.
Onde faz-ti levar logo sol que vires a luz cras;
mas a missa que te digo da Madre de Deus farás
dizer, e verá-lo corpo daquel que dela naceu,
Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

E logo serás guarido e ar cobrarás teu sen.
E el, poi-la viu fremosa e ar vestida tan ben,
disse-lle: «Por Deus, ai dona, dizede quen sodes, quen?»
Diss' ela: «Santa Maria, de que Deus carne prendeu».
Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

Foi-ss' a Virgen. Ficcou ele e fez quanto lle mandou;
e pois foi ena ygreja e a missa ascuitou
e viu o Corpo de Cristo, que chorando aorou,
logo foi guarid' e são, e du jazia s'ergeu
Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

E ao altar dereito sse fillou corrend' a yr.
Quand' aquesto viu a gente, todos logo sen mentir
loaron Santa Maria, porque nunca quer falir
de valer a quena chama, com' a aqueste valeu.
Muit' é ben-aventurado
en bon ponto naceu
que da Virgen mandado
fez e a obedeceu.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical