anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCLXXIV

Esta é do frade que fazia a garnacha d' orações a Santa Maria.

Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Por vos provar ora esto, miragre quero dizer
que pouc' á conteu en Burgos, dun frade que quis fazer
aa Virgen ssa garnacha d' orações, e poder
seu meteu en acaba-la, assi noite come dia.
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Por fazer esta garnacha estev' a gran sazon
que non foi dia nen noite que non foss' en oraçon;
e estando-a fazendo, o demo en coraçon
lle meteu que sse saysse da orden, ca ben seria.
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Estando el en serviço da Virgen, foy-o tentar
atan muito o diabo, que o ouve de forçar
que lle fez que a garnacha leixasse por acabar,
e fez-lle leixar a orden, e foi-ss' ende sua via.
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

El yndo per un camo, a Virgen ll' aparegeu,
e ficou-ss' el en gollos e muy ben per entendeu
que Santa Maria era e logo a connoceu.
E ela en sua mão ha garnacha tragia
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Que ademais era bela e de mui rico lavor,
senon que era mui curta come d' alga pastor
pequena. E diss' o frade: «Seeria muy mellor
esta garnacha se fosse conprida como devia».
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Diss' enton Santa Maria: «Esta garnacha per sy
ést' a que me tu fazias, e leyxasche-ma assi
por acabar; mais aga te torna logo daqui
ao mõesteyr', e se mia conprisses, gracir-cho-ya».
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Depois que ll' a Virgen santa esto disso, foy-lle mal
e disso-lle: «Sennor, Madre daquel que pod' e que val,
se mi aquesto perdõasses, yr-m-ia logo sen al
ao mõesteyr' e esta garnacha acabaria».
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Enton diss' a Groriosa: «Meu Fillo perdõará
a ti quanto tu cuydasche, pois que t' end' achas mal ja;
e torna-t' a tua orden, ca mui cedo ch' averá
mester de t' alá tornares, ca eu teu mal non querria.
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Aynda de ta fazenda mays te desenganarey:
deste dia a un ano serás morto, eu o sey;
e a esto para mentes, ca eu ant' a ti verrey
que moiras; e no meu Fillo, que te fez, sempre confia».
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Quando ll' esto diss' a Virgen, logo xe-ll' espedyu.
E foi-ss' hu eran os frades e seu abito pediu,
e contou-lles quanto vira; e cada un escriviu
o dia en que dissera a Virgen que morreria.
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

El enton no mõesteyro ssa pedença fillou
e na obra que leixara por fazer ar começou;
e mui ben ontre seus frades tod' aquel tenpo passou,
e cada u parou mentes ena Virgen sse verria.
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

En vespera daquel dia áque-vo-la Virgen ven,
e pareceu ao frade e disso-ll': Amigo, ben
acabasch' a mia garnacha, mas mui ben t' acharás en,
ca sairás cras do mundo, e prend' en grand' alegria».
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Enton vo-ss' aos frades e disso: «Sennores meus,
aqui u ora orava vo a Madre de Deus
e disso que eu salrria cras do mundo; e os seus
feitos sempre vos loade de tal Sennor todavia,
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

Que quiso que dos pecados me podesse repentir,
e poren me diss' a morte que me podess' en sentir».
E estando sempr' en prezes, en outro dia sayr
lle foi a alma do corpo, pero que lle non doya.
Poi-lo pecador punnar en servir Santa Maria,
non temades que perderse possa per sa folia.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical