anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCLXXXV

Como Santa Maria fez aa monja que non quis por ela leixar de ss'ir con un cavaleiro que sse tornass' a sua ordin, e ao cavaleiro fez outrossi que fillasse religion.

Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

Dest' un fremoso miragre vos quer' eu ora contar
que por ha monja fazer quis a Santa Reynna,
que, per com' eu aprendi, era de mui bon semellar
e de fremoso parecer e aposta minynna;
e gran crerizia
e grand' ordamento esta dona avia,
e demais sabia
amar mais d'outra cousa a Virgen que nos guia.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

Sen tod' esto de linnage mui[t]' alt' era, e mellor
falava d'outra moller. E por aquesto a essa
fillou por ssa conpanneira e por ssa aguardador,
porque muito a pregava de sen, a abadessa;
e u quer que ya
ja mais aquela monja nunca de ssi partia,
ante a metya
en todo-los seus feitos cada que os fazia.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

Un sobrynn' est' abadessa avi', a que mui gran ben
queria, que era men' e apost' e fremoso.
Este, des que viu a monja, quis-lle mellor d'outra ren,
e en guisar que a ouvesse foi tan agugoso,
que non era dia
que ll' el muitas vegadas sa coita non dizia
e lle prometia
que sse con el sse fosse, con ela casaria.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

E demais que grand' herdade lle daria e aver
e a terria senpr' onrrada, rica e viçosa,
e que nunca del pesar receberia, mais prazer.
E tanto lle diss' aquesto, que ela saborosa
foi e d' alegria
lle jurou en sas mãos que con ele s' irya
e que leixaria
log' aquel mõesteiro, u al non averia.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

Essa noit' aquela monja todas sas cousas guisou
por se con seu amigo yr; mais en ha capela
da Virgen Santa Mari' ant' o altar ss' agollou,
chorand' ant ha sa omagen que era mui bela,
e sse ll' espedia.
Mas quando foi na porta, per ela non podia
sayr, ca via
deant' a magestade que ll' a porta choya.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

Desto foi tan espantada e ouve pavor atal,
que sse foi quanto ir mais pode ao dormidoiro.
Mai la Virgen groriosa, Reynna esperital,
fezo que a el essa noite enganou agoiro,
e foi-sse ssa via,
maldizendo quen nunca por moller creeria.
E ela jazia
coitada en seu leito, que per ren non durmia.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

Outro dia gran mannãa, atanto que a luz viu,
a abadessa sse levou e a monja con ela.
E log' aquel seu amigo vo, que ll' arreferyu
como non sayu a ele, de que mui gran querela
sempr' aver devia;
mas ela lle jurava que mui mal se sentia,
pero todavia,
quando ves[s]' a noite, que pera el ir-ss-ya.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

Pois vo a outra noite, como na primeira fez
e por ir-ss' ende sa carreira foi aa eigreja;
e quando ss' en quis sair, a Virgen santa do bon prez
parou-sse-ll' en cruz ena porta e disse: «Non seja
que tan gran folia
faças contra meu Fillo nen tan grand' ousadia,
ca eu non seria
tuda de rogar-lle por ti, nen m'oyrya».
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

A monja con mui gran coita de con seu amigo s'ir,
macar de noit' aa igreja foi; na magestade
sol mentes non quis ter, ante foi a porta abrir
e sayu per ela e foi-sse. E fez y maldade;
mais muit' en prazia
a aquel seu amigo, e ben a recebia
e logo tragya
un palafren mui branco en que a el subia.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

Poi-la levou a ssa terra e con ela juras pres,
mui ben ll' ouve conprid' aquelo que lle convera;
aynda mui mais lle deu, que ante que passas[s]' un mes
a fez sennor de ssa herdade, mais ca ll' el dissera.
E ela vivia
a mais viçosa dona que viver poderia,
e quanto queria
tod' aquel seu amigo lle dava e compria.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

Assi ambos esteveron viçosos a seu talan,
e Deus sofreu que ouvessen fillos muitos e fillas
mui grandes e mui fremosos. Mas a Virgen, que mui gran
pesar ouve daqueste feito, fez y maravillas,
que apparecia
a ela en do[r]mindo e mal a reprendia
dizendo: «Sandia,
e como começaste atan gran bavequia
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

En leixar teu mõesteiro u vivias, com' eu sei,
mui ben e muit' onrradamente, e yr ta carreira
e desdennares a mi e a meu Fill', o santo Rey,
e non averes vergonna en niha maneira?
Por est' eu terria
por ben que te tornasses pera a ta mongia,
e eu guisaria
logo con Deus, meu Fillo, que te perdõaria».
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

A dona daqueste sonno foi espantada assi
que tremendo muit' e chorando diss' a seu marido
toda a vison que vira. E per quant' eu aprendi,
quiso Deus que da sa graça foss' ele ben conprido,
e o que ll' oya
todo llo outorgava; e dela sse partia
e d'outr' abadia
religion fillava, en que a Deus servia.
Do dem' a perfia
nona toll' outra cousa come Santa Maria.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69