anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCLXXXVIII

Como un ome bõo de relijon foy veer a ygreja u jazia o corpo de Sant' Agostin, e viu y de noite Santa Maria e grandes coros d'angeos que cantavan ant' ela.

A Madre de Jhesu-Cristo, vedes a quen apparece:
a quen o ben de seu Fillo e dela aver merece.

E dest' un mui gran miragre vos contarei mui fremoso,
que mostrou Santa Maria a un bon religioso
que de lle fazer serviço sempr' era muit' aguçoso,
e era de bõa vid' e quite de toda sandece.
A Madre de Jhesu-Cristo, vedes a quen apparece:
a quen o ben de seu Fillo e dela aver merece.

El natural da terra foi que ora é chamada
Cantaaria per nome, viçosa e avondada;
e ali sempre fazia sa vida e ssa morada,
servind[o] a Groriosa que aos seus non falece.
A Madre de Jhesu-Cristo, vedes a quen apparece:
a quen o ben de seu Fillo e dela aver merece.

Onde foi ha vegada que sse meteu en camo
pora veer o sepulcro en que jaz Sant' Agosto;
e pois foi ena eigreja, deitou-sse logo festo
ant' a capela da Virgen que os ceos escrarece.
A Madre de Jhesu-Cristo, vedes a quen apparece:
a quen o ben de seu Fillo e dela aver merece.

E el de noite jazendo, chegaron y muitos santos
cona Virgen groriosa, cantando mui dulces cantos;
e tantos santos cantavan que vos non sei dizer quantos,
loand' a Santa Maria, seu ben e ssa grãadece.
A Madre de Jhesu-Cristo, vedes a quen apparece:
a quen o ben de seu Fillo e dela aver merece.

E ar cantavan un vesso en que diz de com' onrradas
son as almas enos ceos dos santos, e corõadas,
aqueles que as carreiras de Deus ouveron andadas
e por el prenderon morte que ao dem' avorrece.
A Madre de Jhesu-Cristo, vedes a quen apparece:
a quen o ben de seu Fillo e dela aver merece.

E as virges cantavan ben ante Santa Maria,
e ha dessas donzelas contra a[s] outra[s] dizia:
«Amigas, mui ben cantemos ant' aquesta que nos guia,
que a ssa gran fremosura mais ca o sol esprandece».
A Madre de Jhesu-Cristo, vedes a quen apparece:
a quen o ben de seu Fillo e dela aver merece.

O ome bõo tod' esto viu, e deu poren loores
a Deus e pois a ssa Madre, que é Sennor das sennores;
e se ben costumad' era, outros costumes mellores
fillou dali adeante, e en mui bõa vellece
A Madre de Jhesu-Cristo, vedes a quen apparece:
a quen o ben de seu Fillo e dela aver merece.

Morreu. E foi a ssa alma pera Deus dereitamente,
segund' disse Jhesu-Cristo, que nunca mentiu nen mente,
que aos que o serviren nunca lles falrrá niente
do gran ben do paraiso, ca a eles pertece.
A Madre de Jhesu-Cristo, vedes a quen apparece:
a quen o ben de seu Fillo e dela aver merece.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69