anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXCI

Como Santa Maria tirou un escolar de prijon en touro porque lle fezera ha cantiga eno carcer jazendo.

Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

Ca loada de tod' ome devia sempr' a seer,
e assi connoceria ja quanto do seu poder,
ca lle pode nas sas coitas toste conssello põer;
e sobr' aquesto vos quero un seu miragre contar.
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

Aquele que o miragre sabia, disso-m' assi:
que u scolar liia en Salamanca, e y
ouv' ha moller per força, e con medo fugiu d'i
e foi-ss' enton pera Touro, u cuidou a escapar
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

Dos parentes da manceba e das justiças, ca non
guarira se o collessen na mão, [e] per razon.
Mas pero fugiu a Touro, foron pos el e enton
disseron aa jostiça que o fosse recadar.
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

O escolar recadado foi logo, non ouv' y al,
e deron con el no carcer u soffria muito, mal
da prijon que era forte. E ele jazendo tal,
ouve gran medo da morte, e começou-ss' a nenbrar
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

De quanto pesar fezera a Deus e como pecou
eno mundo mui sen guisa, e conssello non achou
a que sse tornass'; e logo Santa Maria chamou,
chorando muito dos ollos, e começou-ll' a rogar:
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

«Virgen santa, de Deus Madre, que font' es de todo ben,
non cates a meus pecados nen ao meu mao sen;
mas tu que nunca faliste a quen te chamou de ren,
non me queiras en tal coita, mia Sennor, desanparar.
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

Mais pola ta piadade que senpr' ao peccador
acorreu ena gran coita, por mercee, mia Sennor,
te pego que tu mi acorras, e enquan' eu vivo for
nunca me de teu serviço, Sennor, querrei alongar».
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

Enton, no carcer jazendo, a esta Sennor de prez
fez u cantar que disse a gran mercee que fez
Deus por ela ao mundo; e pois log' aquela vez
que o cantar ouve feito, o começou de cantar.
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

E[l] ena prijon cantando o cantar chorand' assaz,
appareceu-ll' a Virgen, a que de todo ben praz,
e filló-o pelo braço e diz: «Quero-t' eu en paz
põer desta prijon fora, pois que por meu ás d' andar».
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

E logo aquela ora, assi com' aprendi eu,
do carcer en que jazia e da vila con el deu
for', e en paz e en salvo o pos e diz: «Vai por meu
ome, ca se me servires, sempre y podes gãar».
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

El, pois que sse viu en salvo pela Madre do gran Rei,
deu-lle loores e graças, e assi com' apres' ey,
serviu ben Santa Maria sempr'. E poren vos contei
este feito que ajades gran sabor de a onrrar.
Cantand' e en muitas guisas dev' om' a Virgen loar,
ca u ouver mayor coita, valer-ll-á se chamar.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical