anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXCVII

Como Santa Maria mostrou vertude na sa omagen, porque dizia un frade que non avia vertude no madeir' entallado.

Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

Dest' un fremoso miragre vos rog' ora que ouçades,
e des que o entenderdes fará-vos que ben creades
en Deus e en[a] ssa Madre, per que seu amor ajades,
o que nunca aver pude quen en eles ben non cree.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

E poren creer devemos que Deus conprida vertude
ést[e] e que del os santos la an per que den saude
a aqueles que o creen; e poren, se Deus m' ajude,
mui cegu' é d'entendimento o que aquesto non vee.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

E pois a ssa gran vertude assi ést' apparellada
d'obrar en aquela cousa que acha enderençada
pera a receber logo, esto razon é provada
que na omagen vertude acha o que [o] ben cree.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

Ca ben com' a cousa viva recebe por asperança
vertude, sol que a creen, ben assi por semellança
a recebe o omagen mantenente sen tardança
daquel de que é fegura, macar om' a el non vee.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

Onde foi ha vegada que un rei sigo tragia
ha omagen mui bela da Virgen Santa Maria,
por que Deus muitos miragres demostra[va] cada dia,
en que foi travar un falsso frade que en Deus non cree,
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

Dizendo: «Muito per tenno que [é] ome sen recado
o que cree que vertude á no madeir' entallado
que non fala nen se move, est' é ben sandeu provado,
e tenno que é mui cego o que aquesto non vee».
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

Quand' el diss' esta paravla, mui preto del Rei estava,
que todas estas sandeces que dizia ascuitava;
e demais contra un frade, seu conpannon, se tornava
dizendo: «Este rei tenno que enos idolos cree».
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

Quand' o frad' aquesto disse, tornouss' el Rei mui sannudo
e diss' aos que estavan ant' el: «Muit' é atrevudo
e sandeu aqueste frade, e tenno-o por perdudo,
ca non vee ben dos ollos, mas pelo toutiço vee.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

E des oy mais sa fazenda nunca irá adeante,
ante tornará a redr', e sempre será malandante;
e a Virgen groriosa on querrá que ss' [el] avante
daquesto que el [á] dito, pois que en ela descree».
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

Tod' aquest' assi avo: ca senpre fez sa fazenda
mui mal aquel frade falsso, ca foi louco sen contenda
sempre dali adelante, e Deus quis fillar emenda
del por si e por sa Madre come d'ome que non cree.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee om' e cree,
ben assi é mal creente de non creer o que vee.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical