anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCIV

Esta é como Santa Maria de Ribela non quer que arça outr' oyo ant' o seu altar senon d' olivas que seja ben claro e muit' esmerado.

Aquela en que Deus carne prendeu e nos deu por lume,
das cousas limpias se paga sempre, tal é seu costume.

E desto mostrou miragre a Virgen Santa Maria
grand' en ha ssa eigreja, e demostra cada dia,
en un' aldea que nome á Ribela, u soya
aver ben d' antiguedade mõesteir' a costume
Aquela en que Deus carne prendeu e nos deu por lume,
das cousas limpias se paga sempre, tal é seu costume.

non ficou, que é da Virgen que sempre beita seja,
en que á ben cinc' altares, u gran vertude sobeja
mostra Deus no que é dela: Ca non pod' y arder lume
Aquela en que Deus carne prendeu e nos deu por lume,
das cousas limpias se paga sempre, tal é seu costume.

D'outr' oyo senon d' olivas mui linpi' e muit' esmerado;
ca macar ard' ant' os outros de linaga, sol penssado
non é que ant' o da Virgen arça; e est' é provado
muitas vezes eno ano, e áno ja por costume.
Aquela en que Deus carne prendeu e nos deu por lume,
das cousas limpias se paga sempre, tal é seu costume.

Ca o provan ameude cavaleiros, lavradores,
clerigos, monges e frades descalços, preegadores;
ca pero y acenderon outros oyos ardedores,
atan toste se matavan, que sol non deitavan lume.
Aquela en que Deus carne prendeu e nos deu por lume,
das cousas limpias se paga sempre, tal é seu costume.

E porend' os dessa terra non ousan seer ousados
d'outr' oyo alique [i] maren, ca saen por denodados
ende cada que o provan, e por esto son tornados
a queimar oyo d' oliva nas lampadas por costume.
Aquela en que Deus carne prendeu e nos deu por lume,
das cousas limpias se paga sempre, tal é seu costume.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical