anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCXIII

Esta é da nave que andava en perigoo do mar, e os que andavan en ela chamaron Santa Maria de Vila-Sirga, e quedou logo a tormenta.

Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

Ca razon grand' e dercito é de mais toste prestar
sa graça ca d'outro santo, pois que Deus quiso fillar
sa carn' e fazer-se ome por nos per ela salvar,
e feze-a de vertudes font' e deu-lle su poder.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

E poren dizer-vos quero dela un miragr', e sei
que loaredes seu nome; aynda vos mais direi:
connoceredes de certo que sabença do gran Rei,
seu Fillo, de pran á ela por tal miragre fazer.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

Aqueste miragre fezo, assi com' aprendi eu,
a Virgen Santa Maria de Vila-Sirga con seu
poder; e parad' y mentes e ren non vos seja greu,
ca eu de loar seus feitos ei sabor e gran prazer.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

Ha nave periguada andava, com' aprendi,
pelo mar en gran tormenta, e quanta gent' era y
estavan en mui gran coita; e, assi com' eu oý,
a nav' era ja quebrada. Des i o mar a crecer
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

Começou tan feramente e engrossar cada vez,
e volvendo-s' as aras; des i a noite sse fez,
cona tormenta mui forte, negra ben come o pez,
demais viian da nave muitos a ollo morrer.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

E porende braadavan e chamavan «Sennor Deus»,
e «San Pedr'» e «Santiago», «San Nicolas», «San Mateus»,
e santos muitos e santas, outorgando que romeus
de grado seus seerian se lles quisesse valer.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

Todos en perigoo eran e en gran coita mortal,
e ben cuidavan que fossen mortos, non ouves[s]' y al;
mais u crerigo que era y, pois viu a coita tal
e oyra dos miragres da Santa Virgen dizer
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

Que ela en Vila-Sirga fez e faz a quantos van
y mercee e ajuda pedir das coitas que an,
des i das enfermidades son ben guaridos de pran,
o seu corp' e os da nave lle foi logo offrecer.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

E diz: «Varões, chamemos ora de bon coraçon
a Virgen Santa Maria de Vila-Sirga, e non
se faça end' om' afora, e peçamos-lle perdon,
ca a ssa vertude santa no-nos á de falecer.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

E os gollos ficaron como poderon mellor,
e o crérigo dizendo: «Madre de Nostro Sennor,
pois guaan[n]as de teu Fillo perdon ao pecador,
a nossos erros non cates por mercee; mas doer
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

Te queras de nos, coitados, e valla-nos o teu ben
e a ta virgidade, per que ss' o mundo manten.
Acorre-nos, Sennor bõa, pois poder ás end' e sen,
ca sen ti no-nos podemos desta coita deffender.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

Pois que tu en Vila-Sirga aos cegos lume dás
e ressuscita-los mortos pela vertude que ás,
acorre-nos, Virgen santa, ca non cuidamos a cras
chegar; mais tu esta coita nos podes toda toller».
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

O crerigo, pois diss' esto, os ollos a ceo alçou
e logo de mui bon grado «Salve Regina» cantou
a onrra da Virgen Madr'; e ha poomba entrou
branca en aquela nave, com' a neve sol caer.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

E a nav' alumeada aquela ora medes
foi toda con craridade; e cada u enpres
a fazer sas orações aa Sennor mui cortes,
des i todos começaron o seu nom' a beizer.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

[E] o mar tornou mui manso, e a noit' escrareceu,
e a nav' en otro dia en salvo porto prendeu,
e cada u dos da nave, assi como prometeu
offerta a Vila-Sirga, e non quise falecer.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

E da offerta fezeron u calez mui grand' assaz
que o crengo adusse a Vila-Sirga, u faz
a Virgen muitos miragres, assi com' a ela praz.
E porende lle roguemos que nos faça ben viver.
Ali u todo-los santos non an poder de põer
consello, pono a Virgen, de que Deus quiso nacer.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical