anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCXXXIX

Esta é como Santa Maria guardou ha nave que non perigoasse no mar.

En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Ca acorre en coit' e en pesar
e en door a quena vai chamar,
e acorre nas tormentas do mar;
ond' un miragre quero retraer.
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

No reino de Murça un logar é
mui forte e mui nobre e que sé
sobelo mar, e jur' en bõa fe
que muit' adur pod' om' atal veer.
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Este logar Alecante nom' á,
e omes per mar muitos van alá
e per terra, ca en logar está
d'as gentes muit' y de sa prol fazer.
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Porend' en Cartagena se partiu
ha nave, e eu vy quena viu;
e ynd' alá, pelo fondo s'abriu
assi que muita d'agua foi coller.
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Os que na nave yan log' enton
aos santos fezeron oraçon;
mais u ome bõo lles disse: «Non
á y quen nos possa tanto valer
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Como a Virgen, que Madr' é de Deus,
que senpr' ajuda e acorr' os seus;
e porend' ora, ai, amigos meus,
mercee lle peçamos sen lezer».
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

E eles o fezeron log' assy,
e pois cataron a nave des y
per u entrara a agua, e y
foron todos por consell' y põer.
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

E o consello deles foi atal
que sacassen, e non fezessen al,
a agua da nave. Mais a que val
aos coitados lles foi y valer:
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Ca per u a nave se foi abrir
foy y tres peixes enton enxerir,
assi que non pod' entrar nen sayr
agua per y pois nen enpeccer.
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Aos da nave foi enton gran ben
quand' esto viron, e deron poren
graças a aquela que nos manten;
des i foron logo porto prender
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

En Alecant'. E logo que chegou
a nav', o maestre dela catou
per u entrara a agu' e achoti
tres peixes engastõados jazer
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Na nave, que non á tan sabedor
maestre nen tan calafetador
que podesse calafetar rnellor
per cousa que y podesse meter.
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Enton o maestr' os peixes prendeu
e os dous que eran mortos comeu;
e o que ficava vivo tendeu
ant' o altar polo todos veer
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

Na eigeja da Madre do gran Rei,
que fez muitos miragres, com' eu sei,
por que a loo sempr' e loarei
enquant' en aqueste mundo viver.
En quantas guisas os seus acorrer
sab' a Virgen, non se pode dizer.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical