anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCXLIX [ = CCCLXXXVII ]

Como Santa Maria mostrou muitos miragres por ha sa omagen que tragia u Rei en sa capela.

Muito praz aa Virgen santa que Deus fillou por parenta
de quen ll' as saudações de Don Gabriel ementa.

Ca pero é mais que santa, sempre lle creç a vertude
quando oe quen ll' ementa do angeo a saude;
e de que quer que lle roguen enton con seu ben recude,
porque do Santi Spirito log' outra vez s' escaenta.
Muito praz aa Virgen santa que Deus fillou por parenta
de quen ll' as saudações de Don Gabriel ementa.

Onde daquest' un miragre vos direi, se m'ascuita[r]des,
mui fremos' a maravilla; e se y mentes para[r]des,
sa mercee averedes dela, e se [a] guardardes,
do inferno seeredes quitos e de ssa tormenta.
Muito praz aa Virgen santa que Deus fillou por parenta
de quen ll' as saudações de Don Gabriel ementa.

Un rey consigo tragia ha omagen fremosa
daquesta Virgen beita, Madre de Deus groriosa,
que a quantos la viyan era atan graciosa
que achar non poderian tal ontre mil e setenta.
Muito praz aa Virgen santa que Deus fillou por parenta
de quen ll' as saudações de Don Gabriel ementa.

Aquesta fazia muytos miragres e maravillas,
sãand' omees e molleres, e seus fillos e sas fillas.
E os que aquest' oyan de mais longe ca cen millas
vyan por seer sãos por esta que acrecenta
Muito praz aa Virgen santa que Deus fillou por parenta
de quen ll' as saudações de Don Gabriel ementa.

Nosso ben per ssa vertude que ela grande mostrava
en sãar enfermidades; e esta se lle dobrava
quand' o avangeo santo dezia como falava
o angeo de Deus con ela, u ela disse: «Sergenta
Muito praz aa Virgen santa que Deus fillou por parenta
de quen ll' as saudações de Don Gabriel ementa.

Sõo do Sennor que dizes e estou apparellada
de receber a ssa graça». E por aquesto dobrada
ouv' a omagen vertude quando ll' era ementada
esta saude tan nobre; e poren ben quare[e]nta
Muito praz aa Virgen santa que Deus fillou por parenta
de quen ll' as saudações de Don Gabriel ementa.

Sãou d'omees e molleres enfermos e mal coitados
en prazo de poucos dias. E loores poren dados
foron aa Virgen santa, porque senpr' aos culpados,
macar é mui josticeira con piadad' escarmenta.
Muito praz aa Virgen santa que Deus fillou por parenta
de quen ll' as saudações de Don Gabriel ementa.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical