anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLI

Esta é como Santa Maria acrecentou o vo na cuba en Arconada, ha aldea que é preto de Palença.

A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

E desta razon miragre [mui] fremoso vos direi,
que mostrou Santa Maria, com' eu en verdad' achei,
na eigreja d'A[r]conada, h' aldea que eu sey
que é preto de Palença; e oyde-m' a lezer.
A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

Ena ssa festa d'Agosto mui gran gente ven aly
por oyr toda-las oras, e é costumad' assy
que tragen y pan e vo en carretas, e ben y
o dan por seu amor dela a queno quer receber.
A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

Ond' avo, non á muito, tenpo, que ss' y ajuntou
gran gent' a aquela festa, e cada u punnou
en fazer grand' alegria: quen soube luitar, luitou,
e quen soube chacotares bõos, y os foi dizer.
A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

Outros ar corrian vacas que fazian pois matar,
que cozia[n]en caldeiras grandes e ýanas dar
a pobres que as comessen. En tod' est' a lazerar
ouve per força o vo, ca del foi grand' o bever.
A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

E pero que ben comian, non tyan que era ren,
se daquele bõo vo non bevessen a seu sen;
e porende foi minguando, ca aquesto sempr' aven:
que du tollen e non põen, que é sempr' a falecer.
A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

Ond' ha gran cuba cha devo pararon tal
que, sse non foi a madeira, en ela non ficou al.
Entonce disseron todos: «Se nos a Virgen non val,
con coita deste bon vo nos poderemos perder».
A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

E porend' aquela gente se quisera yr enton;
mas chegou u ome bõo, que lles diss' esta razon:
«Vaamos catar a cuba e tiremo-ll' o tapon
mais de ffond', e per ventura pod' y algun pouc' aver.
A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

Enton log' aquela gente aa cuba sse chegou,
e o que lles diss' aquesto ben per cima a catou
e achou-a toda cha e a todos la mostrou,
e porend' a Virgen santa fillaron-ss' a beizer.
A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

E os que ante choravan começaron de ryir
e beveron daquel vo e juraron, sen mentir,
que nunca atal beveran; e os enfermos guarir
foron, quantos del beveron, e pois mui sãos seer.
A que Deus avondou tanto que quiso dela nacer
ben pod' avondar as outras cousas e fazer crecer.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69