anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLV

Esta é como Santa Maria de Vila-Sirga livrou u ome da forca, que non morreu, por un canto que dera a sa eigreja.

O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Ca o que lle faz serviço mui de grado ou dá dõa
en alga sa eigreja, mui ben llo per galardõa;
ea lle dá por u cento, como Sennor nobr' e bõa,
e nas coitas deste mundo pon-lle conssello guisado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

E porend' un seu miragre vos direi de bõa mente
que fez esta Virgen, Madre de Deus, ante muita gente
en u ome de Manssella, mancebo barva pungente;
o miragr' é mui fremoso e bõo e muit' onrrado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Este manceb' en Manssel[l]a, com' eu aprendi, morava,
e ha moça da vila feramente o amava;
el non queria seu preito nen por ela non catava,
porque cuidava que fosse con outra mellor casado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

O mançebo prometera por yr-[se] en romaria
a Vila-Sirgu', e guisou-se e foi[se] logo sa via;
mais soube-o a mançeba e depos el sse saya
por conprir sa voentade e o meter en pecado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

El catou e a mançeba viu vir e pesou-lle,
e esteve e atendeu-a; e pois chegou, preguntou-lle
e disse-ll' a que viinna. E ela enton rogou-lle
que por Deus no-lle pesasse d'yr dela acompannado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

E diss' el: «E non iredes comigo, se Deus me valla,
ca non querria con vossos parentes aver baralla;
demais vou en romaria, e non querria en falla
seer do que prometudo ey mui gran temp' á pas[s]ado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Nunca tanto dizer pode que ss' ela tornar quisesse
per rogos nen per maças nen per rren que lle dis[s]esse.
O mançebo foi mui triste [e] non soube que fezesse,
pero foi ja sa carreyra con ela muit' anojado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Eles yndo per camin[n]o ambos per ha montanna,
rogou-ll' ela que quisesse seu amor e sa conpanna.
El foi rnui maravillado e disse-ll' en mui gran sanna:
«Ante vos fossedes morta nen eu nunca fosse nado
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Ca en tal erro fezesse escontra a Gloriosa,
yndo pera a ssa casa. Non te tes por astrosa
de tal cousa demandares?» Ela foi en vergonnosa,
e ata en Vila-Sirga non llo ar ouv' enmentado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Quando foron na ygreja da Madr' e Virgen onrrada,
mandou fazer o mançebo candeas logo d'entrada,
e dormio na ygreja e aa nossa avogada
pedio merçee e ajuda que ll' ouvesse perdõado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

E comprou en outro dia por seus din[n]eyros un canto
de pedra pera a obra de Vila-Sirga, e quanto
s'atreveu fez sa offerta e sas orações ant' o
altar de Santa Maria; e pois que ouve jantado,
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Tornou-sse pera sa terra. E yndo pela carreira,
a mançeba que vos dixe disse-lle desta maneyra:
Porqué non casades migo?» Diss' el: «Ja vos eu pr[i]meyra-
mente dixe mia fazenda e vos dey todo recado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Ca, se mi a Virgen Maria guardar, que é meu espello,
nunca me casarei vusco, non vo-lo digo en trebello,
mais digo-vos gran verdade; e porend' outro consello
avede, pois vos daquesto meu coraçon ey mostrado».
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Ela ouve gran despeito del por esto que dissera,
porende lle buscou morte, poi-lle resposta dera;
e a entrante da vila ond' ele natural era,
meteu mui fort' apelido e ouve o rostro rascado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

E meteu mui grandes vozes e disse que a forçara
o mançebo na carreira e ferir' e desonrrara
e a força per cabelos do caminno a sacara,
que ren valer no-lle pode, pero ouve braadado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Os parentes da mançeba aas justiças fezeron
queixurne; e eles logo aquel mançebo preseron
e, sen saber a verdade, aa forca con el deron.
E el, pois viu que seria de tod' en tod' enforcado,
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Fezo a oraçon logo muit' e dos ollos chorando,
e diss': «Ay, Santa Maria de Vila-Sirga, e quando
eu fuy ena ta ygreja, por meus din[n]eiros, estando,
comprei pera a ta obra un bon canto, ey-cho dado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Poren, Virgen groriosa, Madre de gran piedades,
non cates a meus pecados, mais, Sennor, por ta bondade
vey como moir' a gran torto, ca tu sabes a verdade
deste feito que mi apõen. Se eu non sõo culpado,
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Mostr[a] aqui teu miragre, ay, Virgen santa comprida,
vogada dos pecadores, de todo-los santos vida.
Se tu, Sennor poderosa, en algun tempo servida
de mi algun pouco fuste, fais esto que ch' ey rogado».
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Pois que a oraçon feita ouve, tan toste ll'ataron
as mãos atras e logo agynna o enforcaron;
e seus parentes por ele muy feramente choraron.
E as[s]i sev' aquel dia o mançebo pendorado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Mais a Virgen gloriosa, que chaman os pecadores
e que ela mui de grado acorr' aas sas doores,
log' a santa verdadeira Madr' e Sennor das sennores
troux' aquel canto mesmo que el ouvera comprado
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Quando foi en Vila-Sirga, as[s]i como ja contamos,
e pose-llo a seus pees, como por verdad' achamos;
e teve-o viv' e são esta Sennor que chamamos
aquel dia e a noite, e de todo mal guardado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

En outro dia veron aa forca seus parentes
polo deçe[n]deren dela, e da vila outras gentes,
e viron so el o canto; des i, estando presentes,
oyron como falava e dizia: «Deus loado
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Seja, ca eu estou vivo, c' assy quis a Virgen Santa
Maria de Vila-Sirga; ca sa merçee é tanta
que todo o mund' avonda e nosso ben sempre avanta,
e per ela ey eu vida, pero que estou colgado».
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Quando o todos oyron falar atan estrevudo,
tallaron-lle log' a soga; e pois que foi decendudo,
preguntaron como fora, e el ouve retraudo
daqueste feito a verdade, que non ouv' en ren negado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

Quand' a verdade souberon de tod', assi com' oystes,
foron en maravillados que nunca tan muit[o] vistes;
e deron todos loores aa que nos faz de tristes
seer ledos e pagados, ca est' á ela usado.
O que a Santa Maria serviço fezer de grado,
na mui gran coita que aja seer-ll-á galardõado.

autˇgrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Cˇdices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical