anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLVI

Como Santa Maria do Porto fez vir a ponte de madeira pelo rio de Guadalete pera a obra da sa ygreja que fazian, ca non avian y madeira con que lavrassen.

Non é mui gran maravilla se sabe fazer lavor
a Madre do que o mundo fezo e é del Sennor.

Desto direi un miragre que no Port' aconteçeu,
que fezo Santa Maria, Madre daquel que prendeu
paixon e ena cruz morte por nos, e que nos tolleu
das mãos do emigo, o diab' enganador.
Non é mui gran maravilla se sabe fazer lavor
a Madre do que o mundo fezo e é del Sennor.

Esto foi quando lavravan a ygreja, com' oý,
daquel logar; e avian avondo, com' aprendi,
de cal, de pedra, d'ara e d[e] agua outrossi.
Mais madeira lles falia, de que estavan peor
Non é mui gran maravilla se sabe fazer lavor
a Madre do que o mundo fezo e é del Sennor.

Ca d'outra cousa neha que y ouvesse mester,
ca de tod' avond' avian; e porend' a com[o] quer
punnavan de a averen. Mais esta santa moller
os tirou, daquel enxeco, ca de tod' é sabedor.
Non é mui gran maravilla se sabe fazer lavor
a Madre do que o mundo fezo e é del Sennor.

E por fazer que a obra s' acabasse ben sen al,
fez vir ha gran cha d'agua que pelo portal
passou e troux' ha ponte de madeira, toda tal
enteira como x'estava; nunca ome viu mellor.
Non é mui gran maravilla se sabe fazer lavor
a Madre do que o mundo fezo e é del Sennor.

E per Guadalet' o rio a fez logo, sen mentir,
chegar assi com' estava e bes ali vir
u faziam a ygreja, por a obra non falir
de ss'acabar ao tempo que o maestre mayor
Non é mui gran maravilla se sabe fazer lavor
a Madre do que o mundo fezo e é del Sennor.

Outorgara d'acaba-la, per como eu apres' ey,
a un tempo sinalado que [lle] posera el Rey;
mais fazer nono podera, como por verdad' achei,
se a Virgen desta guisa non lle foss' ajudador.
Non é mui gran maravilla se sabe fazer lavor
a Madre do que o mundo fezo e é del Sennor.

E quando viron a ponte vir a aquel logar
pera fazer-lles ajuda, forõ-na logo fillar;
e pois a Santa Maria ar foron loores dar
dizendo: «Be[e]yta sejas, Santa do[s] santos mayor».
Non é mui gran maravilla se sabe fazer lavor
a Madre do que o mundo fezo e é del Sennor.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical