anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLVIII

Como Santa Maria do Porto mostrou per sa vertude un logar u jaziam muitos cantos lavrados, que meteron ena sa ygreja.

A que às cousas coitadas d'ajudar muit' é tuda,
non vos é gran maravilla se x'ela a si ajuda.

Desto fezo eno Porto que de seu nom' é chamado
gran miragr' a Groriosa, que será per min contado,
no lavor da sa ygreja que faziam per mandado
de Don Affonso que éste seu rey, cousa é sabuda.
A que às cousas coitadas d'ajudar muit' é tuda,
non vos é gran maravilla se x'ela a si ajuda.

Ali omes lavravam cada dia ben quinnentos
e tragiam muitas pedras pera fazer fundamentos;
mas o mar foi mui torvado un tenpo per grandes ventos,
que a mor pedra delas non podia seer movuda
A que às cousas coitadas d'ajudar muit' é tuda,
non vos é gran maravilla se x'ela a si ajuda.

Per barcas nen per engen[n]os, nen per arte nen per manna.
Enton diss' a maestr' Ali un ome de sa conpanna:
«Eu vos mostrarei un canto da medida tamanna
que, se muitos end' ouverdes, a lavor será creçuda
A que às cousas coitadas d'ajudar muit' é tuda,
non vos é gran maravilla se x'ela a si ajuda.

Mui tost': «E log' amostrou-llo, e sacárono de fondo
de terra; e pois lo viron quadrado, ca non redondo,
cavaron, e d'outros taes acharon tan grand' avondo,
per que a lavor mui toste foi mui de longe veuda.
A que às cousas coitadas d'ajudar muit' é tuda,
non vos é gran maravilla se x'ela a si ajuda.

Pois maestr' Ali viu esto, empero que x'era mouro,
entendeu que ben guardadas tevera com' en tesouro
a Virgen aquelas pedras que tan preçadas com' ouro
foran pera lavrar toste e mais ca pedra muda.
A que às cousas coitadas d'ajudar muit' é tuda,
non vos é gran maravilla se x'ela a si ajuda.

Enton, quando todos viron que assi foran achados
aqueles cantos so terra, grandes e mui ben quadrados,
por que a lavor foi feita tost' e os muros yguados
e as torres acabadas, est' é cousa connoçuda,
A que às cousas coitadas d'ajudar muit' é tuda,
non vos é gran maravilla se x'ela a si ajuda.

Deron porende loores aa Virgen gloriosa,
que quis pera ssi ygreja fazer nobr' e mui fremosa
e fort', en que s' acollesse a gente, que pavorosa
era porque non avia ant' u fosse deffenduda.
A que às cousas coitadas d'ajudar muit' é tuda,
non vos é gran maravilla se x'ela a si ajuda.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69