anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXII

Como Santa Maria fez cobrar seu lume a un ourivez en Chartes.

Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

E de tal razon com' esta vos quer' eu ora dizer
un miragre mui fremoso que foi en França fazer
a Virgen Santa Maria, que fez un çego veer
ben ena vila de Chartes, como vos quero contar.
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

Este çeg' ourivez fora que non ouvera mellor
en tod' o reyno de França ne-nas terras arredor,
e en servir sempr' a Virgen avia mui gran sabor;
e porend' h' arca d'ouro fora mui rica lavrar
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

Pora trager as reliquias sempre ena preçisson.
E poren vende-la fora ena See de Leon
e dera dela por algo e dela dera en don,
pois que soube que avian as reliquias y andar.
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

Esta foi aquela arca de que vos eu ja falei
que tragian pelo mundo por gãar, segund' achei
escrito, porque ss' a vila queimara, como contei
outrossi, e a ygreja toda senon o altar
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

U estas reliquias eran. E tan toste manaman
as fillou logo correndo un que era y dayan
e levou-as pelas terras e soffreu mui grand' affan
por gãar con elas algo con que podessen cobrar
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

La ygreja que perderan. E grandes miragres fez
por elas Santa Maria, como vos dix outra vez;
ea eran y sas reliquias desta Sennor de gran prez,
e queria Deus por elas grandes miragres mostrar.
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

Andand' assi pelas terras, a Chartes ouveron d'ir
u aquel ourivez era çego; e pois foy oyr
da arca com' era feita, disso logo sen falir:
«Par Deus, eu fiz aquel' arca ante que fosse çegar».
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

E mandou-sse levar logo alá a omees seus,
dizendo: «Se alá chego, ben ei fiuza en Deus
e na sa Madre beyta que veerei destes meus
ollos, que por meus pecados muit' á sse foron serrar».
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

E pois que foi ant' a arca, se deitou e lle pediu
merçee muito chorando; e da agua que sayu,
con que a arca lavaran, trouxe pelo rostr' e viu
mui mellor que ante vira. E fillou-ss' a braadar,
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

Chamando «Santa Maria, Madre do bon Rey Jesu,
porque vejo dos meus ollos [mui] beyta sejas tu;
e pois m'este ben feziste, quando me for mester, u
teu Fillo sever julgando, queyras por mi razõar».
Ben pode Santa Maria seu lum' ao çego dar,
pois que dos pecados pode as almas alumar.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical