anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXIII

Como Santa Maria livrou de prijon un cavaleiro por a cantiga que lle fez, que tiinna preso el Con Simon.

En bon ponto vimos esta Sennor que loamos,
que nos tan cedo acorre quando a chamamos.

Un trobador en Gasconna era, e trobava
al Con Symon e a muitos, si que sse queixava
a gente del, ca dizian que os dostava
mais quantos somos no mundo enquanto vivamos.
En bon ponto vimos esta Sennor que loamos,
que nos tan cedo acorre quando a chamamos.

El Con Symon era conde rrico e poderoso
e disse a un seu ome, que non foi preguiçoso:
«Vay-me logo prender aquel trobador astroso,
e busca fortes prijões en que o metamos».
En bon ponto vimos esta Sennor que loamos,
que nos tan cedo acorre quando a chamamos.

El indo per un caminno mui des[s]egurado,
chegou aquel mandadeir' e fillou-o privado
e adusse-o al cond'; e foi logo deitado
en prijões, u jouvessen quantos desamamos.
En bon ponto vimos esta Sennor que loamos,
que nos tan cedo acorre quando a chamamos.

El Con Symon muitas vezes jurado avia
que o trobador matasse logu' en outro dia;
mais a nossa avogada, Reynna Maria,
a vegadas nos estorva do mal que pensamos.
En bon ponto vimos esta Sennor que loamos,
que nos tan cedo acorre quando a chamamos.

El se viu nas prijões [e] cuidou que morresse,
e chamou Santa Maria que lle socorresse,
e jurou-ll' ali jazendo, que mentre vivesse
polo seu amor trobasse, de que nos trobamos.
En bon ponto vimos esta Sennor que loamos,
que nos tan cedo acorre quando a chamamos.

Pois que o trobador ouv' a oraçon comprida,
achou-ss' ençima dun monte, cabo da 'rmida
de Virgen Santa Maria, que lle dera vida
e o guardou de tal morte que todos dultamos.
En bon ponto vimos esta Sennor que loamos,
que nos tan cedo acorre quando a chamamos.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical