anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXVIII

[C]omo Santa Maria do Porto guariu a moller da coobra que tragia eno ventre, e avia ben tres anos.

Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

De tal razon com' esta un miragre mui grande
direi, que fez a Virgen, a que queyra que ande
eu ena sa companna e ao demo mande
que no inferno more, u nunca o vejamos.
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

a moller morava cabo Santa Maria
de Cordova, a Grande, e o seu nom' avia;
e dentro no seu corpo cuydava e creya
que tragia coobra, donde nos espantamos.
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

E con aquesta coita ben per Estremadura
passou e a Castela foi; e tal aventura
ll'avo, que en sonnos lle disseron: «Loucura
fazes porque a Silos non vas, u nos moramos,
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

Que fomos end' abade; e dar-t-emos consello
per que ben guarir possas, ca non é por trebello
esto que te dizemos; que a que é espello
de nos todo-los santos e por Sen[n]or catamos,
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

Guiará ta fazenda, per que sejas guarida».
E ela foi-ss' a Silos; e pois que fez sa ida,
ar disseron-ll' en sonnos: «Ainda tu comprida
non ás ta romaria, per como nos cuidamos.
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

Mais se tu perder queres doores e pesares,
vay-t' a Santa Maria que jaz ontre do[u]s mares,
que chaman o Gran Porto; e pois que y chegares,
log' averás consello, desto non dovidamos».
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

A moller outro dia meteu-sse na carreyra;
e quando foi no Porto da Sennor verdadeyra,
tevo y sa vigia, e jazendo senlleyra
dormindo, viu en sonnos quem lle disse: «Vaamos
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

A Caliz atan toste que for a madurgada,
aa See que éste de Santa Cruz chamada,
en que meu Fillo posto foy, ond' eu fuy prennada,
e averás saude, ca nos por ti rogamos».
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

Ela fez outro dia ben como lle mandaron,
e logu' en a barca entrou, e pois entraron
no mar ela e outros; e pois Caliz cataron
e viron a ygreja, disseron: «Deus loamos
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

E a Virgen, sa Madre, a que non á parella».
Enton abriu a boca a moller, e vermella
deitou ha cohobra per ela, a semella
da anguia grossa; de çerto o creamos.
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

Quantos aquesto viron foron maravillados,
e a Deus e sa Madre foron loores dados;
e pois foron de Caliz ao Porto tornados,
loaron muit' a Virgen, cujo ben asperamos.
Como nos dá carreyras a Virgen que façamos
ben, outrossi nos mostra como mal non ajamos.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical