anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXX

Esta é de loor de Santa Maria.

Loemos muit' a Virgen Santa Maria,
Madre de Jesu-Crist', a noit' e o dia.

Devemos-lle dar mais de cen mil loores,
pois que a Deus progue, Sennor dos sennores,
que dela pres carn' e as nossas doores
en ssi quis soffrer, como diss' Ysaya.
Loemos muit' a Virgen Santa Maria,
Madre de Jesu-Crist', a noit' e o dia.

E de a servir sol non nos enfademos,
outrossi temer e loar, ca sabemos
que nos gãará dos erros que fazemos
perdon pera sempr' e vid' e alegria.
Loemos muit' a Virgen Santa Maria,
Madre de Jesu-Crist', a noit' e o dia.

Esta nos quis dar Deus por noss' [a] vogada
quando fez dela Madr' e Filla juntada;
e poren deve seer de nos loada,
e atal Sennor, quen-na non loaria?
Loemos muit' a Virgen Santa Maria,
Madre de Jesu-Crist', a noit' e o dia.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical