anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXXVI

[C]omo un ome levava un anel a Don Manuel, irmão del rey, e perdé-o na carreira, e fez-llo Santa Maria cobrar.

A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

Ca non é gran maravilla d'enderençar, ben sabiades,
as cousas mui mal paradas a que faz as voontades
enderençar dos culpados. Poren nunca vos partades,
amigos, nas vossas coitas de demandar sa ajuda.
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

E dest' un muy gran miragre aveo a vegada
na çibdade de Sevilla, u fazia sa morada
el Rey por guardar a terra e que fosse ben pobrada
e ouvesse per mar frota, per que fosse mais temuda.
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

El en Sevilla morando, avo que seu irmão
Don Manuel con el era, que o amava de chão;
e o ben que ll' el fezera non lle sayra en vão,
ca en servi-lo sa vida [el] avia despenduda.
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

Porend' el Rey o amaya, e gran dereito fazia.
E u estavan falando el Rey e ele un dia,
un anel lle mostrou logo el Rey, que sigo tragia,
que dun jaspis mui riq' era, pedra nobre connosçuda,
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

E disse que lla daria. E pois foi en sa pousada
Don Manuel, el Rey logo non quis mais fazer tardada,
mais enviou-ll' a sortella, en ouro engastõada,
per un ome de sa casa e diz: «Muito me sauda
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

Don Manuel e dá-lle este anel que ll' ey prometudo».
E o ome foi-sse logo; mais non foi aperçebudo
de o guardar com' ouvera a guarda-lo, e perdudo
o ouve ena carreyra. E com' a cousa muda
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

Nemigalla non falava, mais diss' en sa voontade:
«Muit' é mester que me valla, Sennor, a ta piedade,
Santa Maria do Porto, e prometo-ch' en verdade
seis livras de bõa çera que en ta casa arduda
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

Seja, Sennor, e tu val-me a esta coita tan fera».
El dizendo est', outr' ome que logo pos el vera
achou aquela sortella e viu ben que sua era
daquele que a levava; e pois que ouv' entenduda
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

Esta cousa, foi pos ele en tal que o preguntasse
se aquel anel perdera, e dessi que o fillasse.
E o outro tornou logo, dizendo-lle se achasse
tal sortella, que lla désse e non lle foss' asconduda.
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

E o outr' o anel logo lle deu, dizendo-lle: «Amigo,
non querria por mia culpa que vos valia dun figo
perdessedes; mais tomadeo logo, ca ben vos digo
que se outro a achasse, de vos non fora veuda
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

Esta sortella». E logo foy-sse con ela correndo
u Don Manuel pousava, que o estav' atendendo,
e deu-lla; e pois lo feyto lle contou, com' eu aprendo,
tornou-sse al Rei. E pois ll' ouve esta cousa retrauda,
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

El Rey e quantos y eram deron porende loores
aa Virgen gloriosa que merçees e amores
nos faz en muitas maneiras, macar somos pecadores,
e d'acorrer-nos nas coitas está sempr' aperçebuda.
A Virgen, cuja merçee é pelo mundo sabuda,
fazer achar pod' a cousa aos que a an perduda.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical