anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXXXI

[C]omo Santa Maria do Porto resuscitou un menino que morrera, fillo dun ome bõo que morava en Xerez.

Como a voz de Jesu-Cristo faz aos mortos viver,
assi fez a de sa Madre un morto vivo erger.

Desto direi un miragre que no Porto conteçeu
que é de Santa Maria, dum menino que morreu,
de Xerez, por que sa madre poren tal coita prendeu
que a poucas a mesquinna ouvera d'ensandeçer.
Como a voz de Jesu-Cristo faz aos mortos viver,
assi fez a de sa Madre un morto vivo erger.

Seu padre deste meninno morava na colaçon
de San Marcos, e Johane avia nom'; e enton
de sa moller Deus lle dera aquele fillo baron,
con que muito ss' alegrava e prendia gran prazer.
Como a voz de Jesu-Cristo faz aos mortos viver,
assi fez a de sa Madre un morto vivo erger.

Sancha sa madre chamavan per nome, com' aprendi,
e amava aquel fillo atanto, segund' oý,
que mais amar non podia outra ren; e foi assi
que ben como llo Deus dera, assi llo ar foi moller.
Como a voz de Jesu-Cristo faz aos mortos viver,
assi fez a de sa Madre un morto vivo erger.

Ca enfermou o meninno da gran fever mortal,
e o padre e a madre con coita del, non por al,
levárono ao Porto da Raynna espirital;
e tendo-o a madre nos braços, lle foi morrer.
Como a voz de Jesu-Cristo faz aos mortos viver,
assi fez a de sa Madre un morto vivo erger.

Sa madre, pois viu que morto era, a gran voz deu
dizend': «Ay, Santa Maria, dá-m' aqueste fillo meu;
se non, leva-me con ele, ca mais non viverei eu
eno mundo». E con coyta foi logo esmoreçer.
Como a voz de Jesu-Cristo faz aos mortos viver,
assi fez a de sa Madre un morto vivo erger.

Da gran voz que deu a madre quando a Virgen chamou,
Jhesu-Cristo, o seu Fillo, aquel que resusçitou
Lazaro de quatro dias e per nome o chamou,
fez levantar o menino tan tost' e vivo seer
Como a voz de Jesu-Cristo faz aos mortos viver,
assi fez a de sa Madre un morto vivo erger.

Mui são e muyt' alegre. E quantos eno logar
estavan e esto viron, começaron de chorar,
e en chorando a Virgen ar fillaron-ss' a loar
por tan fremoso miragre que fora ali fazer.
Como a voz de Jesu-Cristo faz aos mortos viver,
assi fez a de sa Madre un morto vivo erger.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69