anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXXXIV

Como Santa Maria levou a alma dun frade que pintou o seu nome de tres coores.

A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Desto direi un miragre, segundo me foi contado,
que avo a un monge bõo e ben ordin[n]ado
e que as oras desta Virgen dizia de mui bon grado,
e mayor sabor avia desto que d'outras sabores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Este mui bon clerigo era e mui de grado liia
nas Vidas dos Santos Padres e ar mui ben escrivia;
may[s] u quer que el achava nome de Santa Maria
fazia-o mui fremoso escrito con tres colores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

A primeyra era ouro, coor rrica e fremosa
a semellante da Virgen nobre e mui preçiosa;
e a outra d'azur era, coor mui maravillosa
que ao çeo semella quand' é con sas [e]splandores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

A terçeyra chamam rosa, porque é coor vermella;
onde cada a destas coores mui ben semella
aa Virgen que é rica, mui santa, e que parella
nunca ouv' en fremosura, ar é mellor das mellores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Ond' aqueste nome santo o monge tragia sigo
da Virgen Santa Maria, de que era muit' amigo,
beyjando-o ameude por vençer o emigo
diabo que sempre punna de nos meter en errores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Onde foi a vegada que jazia mui doente
da grand' enfermidade, de que era en possente;
e pero assi jazia, viinna-lle sempre a mente
de seer da Virgen santa un dos seus mais loadores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

O abade e os monges todos veer-o veron,
e poi-lo viron maltreito, un frade con el poseron
que lle tevesse companna; e pois ali esteveron
un pouco, foron-se logo. Mais a Sennor das sennores
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Apareçeu ao frade que o guardav', en dormindo,
e viu que ao leyto se chegava passo yndo,
e dizia-lle: «Non temas, ca te farey ir sobindo
mig' ora a parayso, u veerás os mayores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Ca por quanto tu pintavas meu nome de tres pinturas,
leva[r]-t-ey suso ao çeo, u verás as aposturas,
e eno Livro da Vida escrit' ontr' as escrituras
serás ontr' os que non morren, nen an coitas nen doores».
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Enton levou del a alma sigo a Santa Reynna.
E o frade espertou logo e foy ao leyt' agynna;
e pois que o achou morto, fez sõar a campaynna
segund' estableçud' era polos seus santos doctores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Mantenente o abade chegou y cono convento,
que eram y de companna ben oyteenta ou çento;
e aquel monge lles disse: «Sennores, por cousimento
o que vi vos direy todo, se m' en fordes oydores».
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Enton contou o que vira, segundo vos ey ja dito;
e o abade tan toste o fez meter en escrito
pera destruyr as obras do emigo maldito,
que nos quer levar a logo u sempr' ajamos pavores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

E pois souberon o feyto, loaron de voontade
a Virgen Santa Maria, a Sennor de piedade;
e se en alga cousa ll' erraran per neçidade,
pun[n]aron de sse g[u]ardaren que non fossen peccadores.
A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Canción Canción: Esther Lamandier