anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXXXVIII [ = CCXCV ]

Como Santa Maria apareçeu en vision a un rey que a servia en todas aquelas cousas que el sabia e podia, e semellava-lle que se omildava contra el en gualardon do serviço que lle fezera.

Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

E daquest' un gran miragre vos quer' ora retraer
que mostrou Santa Maria, per com' eu pud' aprender,
a un Rei que sas figuras mandava sempre fazer
muit' apostas e fremosas; e fazia-as vestir
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

De mui ricos panos d' ouro e de mui nobre lavor,
e põya-lles nas testas pera parecer mellor
corõas con muitas pedras ricas, que grand' esprandor
davan senpr' aa omagen e fazíana luzir.
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

E outrossi nas sas festas ar fazia-lle mudar
senpr' outros panos mais ricos pola festa mais onrrar,
e ben assi as fazia põer sobelo altar;
demais trobava per ela, segund' oý departir.
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

Des i aqueles cantares eran dos miragres seus
muitos e maravillosos que mostra por ela Deus,
e faz y mui gran dereito; ca segun diz San Mateus
e San Yoan e San Marcos, sa Madr' éste sen falir.
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

Onde por estas razões a servia aquel Rey
e loava e dizia muito ben, com' apres' ei,
dela; e poren ll' avo o que vos ora direy,
onde vos rog', ai, amigos, que o queirades oyr.
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

Onde foi a ha Pasqua mayor, que Deus resorgiu,
que el Rey fez sa omagen da Virgen; e poi-la viu
ben feita e ben fremosa, ricamente a vestiu
e sobr' o altar a pose, e fez monjas y vir
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

Que a vissen com' estava e ouvessen devoçon
en ela e que rogassen por el Rei de coraçon.
E elas assi fezeron; e a Virgen en vijon
lles diss': «O que me rogades farey-o, se el Rei vir».
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

Ha delas mantente foi al Reie o chamou;
e el Rei vo tan toste, e logo que y chegou,
a omagen os gollos ant' el en terra ficou
e as mãos que beijasse lle começou a pedir.
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

Mas el Reideitou-s' en terra ant' ela, tendud' en cruz,
chorando muit' e dizendo: «A ti, Sennor, que es luz,
beijarei pees e mãos, ca ta vertude m' aduz
sempre saud' e me guarda dos que me queren nozir».
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

«Non,» diss' ela, «mais as vossas mãos vos beijarei eu
por quanta onrra fazedes a mi sempr' e ao meu
Fillo, que é Deus e ome; e poren no reino seu
vos meterei pois morrerdes, esto será sen mentir».
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

Pois s' as monjas espertaron desta vison, foi-lles ben,
e al Reien outro dia llo contaron e de ren
nada non lle faleceron; e ele logo poren
chorou, muit' ant' a omagen e fez tod' est' escrevir.
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

E des ali adeante serviu mais, com' aprendi,
aa Virgen groriosa e loou-a mais des i;
e ela fez-lle mercees grandes, segund' eu oý,
e de muitas de maneiras, a queno ben comedir.
Que por al non devess' om' a Santa Maria servir,
deve-o fazer por quan ben sabe serviço gracir.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69