anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCXCIII

[C]omo Santa Maria do Porto guareçeu a un menninno que trouxeron a sa casa ravioso.

Macar é door a rravia maravillosa e forte...
agynna a toll' a Madre do que ena cruz pres morte.

Ca segund' enfermidade rravia de melanconia
ven que é negra e forte e dura e de perfia.
Tod' aquesto á no demo, e poren Santa Maria,
que éste dele contralla, a tolle e dá conorte.
Macar é door a rravia maravillosa e forte...
agynna a toll' a Madre do que ena cruz pres morte.

Desto mostrou no gran Porto mui gran maravilla fer
a Virgen Santa Maria a un ome que vera
d'Arcos, e que ja rraivoso seu neto ali trouxera
en tal que chegass' i ante que uviasse prender morte.
Macar é door a rravia maravillosa e forte...
agynna a toll' a Madre do que ena cruz pres morte.

Aquel [me]ninno Affonso nome de baptism' avia,
assi come seu avoo que o ali aduzia;
e chegaron ao Porto mercores, prime[i]ro dia
d'abril, e ena ygreja entraron con gran conorte,
Macar é door a rravia maravillosa e forte...
agynna a toll' a Madre do que ena cruz pres morte.

Que a Virgen groriosa aquel mininno sãasse,
que atal rravia avia, que quen quer que ll'ementasse
que bevess' agua ou vinno, que logo non s'espantasse,
e tan forte se torçia come quen coita a morte.
Macar é door a rravia maravillosa e forte...
agynna a toll' a Madre do que ena cruz pres morte.

Desta guisa quatro dias passara que non bevera
cousa que de bever fosse, e tan gran coita soffrera,
que tod' ome que o visse terria que ja morrera;
mas non quis a que nas coitas acorre e dá conorte.
Macar é door a rravia maravillosa e forte...
agynna a toll' a Madre do que ena cruz pres morte.

E ena primeira noite que teve ena ygreja
vigia da Virgen santa, que sempre beyta seja,
de sa enfermidad' ouve melloria tan sobeja,
que beveu muita d'agua, con que guareçeu de morte.
Macar é door a rravia maravillosa e forte...
agynna a toll' a Madre do que ena cruz pres morte.

E des ali adeante foi guarid' e mui ben são;
e pois desto Don Affonso, seu avoo, foi çertão,
entendeu quen ben servia aa Virgen, que en vão
non fazia seu serviço, ca nas coitas dá conorte.
Macar é door a rravia maravillosa e forte...
agynna a toll' a Madre do que ena cruz pres morte.

E porend' el e os outros todos quantos y estavan
as mãos contra o çeo de [con] su as alçavam,
e log' a Santa Maria porende loores davan,
porque assi o menyrmo guariu de tan cruel morte.
Macar é door a rravia maravillosa e forte...
agynna a toll' a Madre do que ena cruz pres morte.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical