anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCXCV [ = CLXV ]

Como Santa Maria de Tortosa d' Ultramar defendeu a vila do soldan.

Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

En Ultramar dest' avo miragre grand' e mui bel
que mostrou Santa Maria, Madre de Deus Manuel,
a un soldan poderoso, porque era mui cruel
e porend' aos crischãos desamava mais que al.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

A este soldan chamavan per seu nome Bondoudar,
que Egito e Alapa avia a seu mandar
e Domas e a Camela; e porende guerrejar
queria sempr' a crischãos e fazer-lles muito mal.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

Este seus omes tragia con crischãos toda vez
por saber mais sa fazend', e un deles saber-lle fez
que, sse fillasse Tortosa, gãaria y gran prez,
demais quen lla defendesse non avia tal nen qual.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

Log' o soldan con grand' oste moveu,'quand' aquest' oyu,
e mui preto de Tortosa en [un] outeiro sobyu,
e parou mentes na vila, e tan pouca gent' y viu
que teve que aquel mouro non lle fora mentiral.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

Quand' a gente de Tortosa viron atan gran poder
de mouros vir sobr' eles, cuidaron mortos seer;
e foron-ss' aa eigreja sas orações fazer,
dizend': «Ai, Santa Maria, pois ta mercee non fal
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

A quantos que a demandan, vel a nos que somos teus,
guarda-nos que non caiamos en poder destes encreus
que per nulla ren non creen que tu es Madre de Deus;
e porend' en este feito mostra algun gran sinal».
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

Pois ssa oraçon fezeron, per quant' end' eu aprendi,
contaron-se quantos eran, mais poucos s' acharon y.
Enton a mui grandes vozes todos disseron assi:
«Sennor, se nos non acorres, preit' é mui descomal».
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

O soldan log' outro dia sas gentes armar mandou
pera fillaren a vila, mas non foi com' el cuidou;
ca pois sse chegou a ela, tal gente lle semellou
que estava alá dentro, que non ficava portal
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

Nen torre nen barvacãa nen muro per nulla ren
u gente muita non fosse, armados todos mui ben.
Quando viu o soldan esto, teve-sse por de mal sen,
e chamou porend' o mouro: «Mao, falsso, mentiral,
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

Di, e porqué me feziste con mia ost' aqui vir,
dizendo que esta vila non sse podia bastir
d' omes d' armas, de maneira que me podesse guarir,
e, eu vejo-a bastida como non vi outra tal?»
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

O mouro, con mui gran medo, lle respos esta razon:
«Sennor, quanto vos eu dixe verdad' [éste] e al non;
mas tod' estes cavaleiros, vedes que dos Ceos son,
ca chus brancos son e craros que é neve nen cristal».
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

Enton o soldan lle disse: «E que buscaron acá?»
Diss' o mouro: «Per mandado da Virgen, Madre d'Içá,
veron, que un' eigreja dentro ena vila á,
que está preto dos muros da parte do aral».
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

O soldan diss' ao mouro: «Eno Alcoran achey
que Santa Maria virgen foi sempr'; e pois esto sey,
guerra per nulla maneira con ela non fillarey,
e daqui me torno logo, e fas tange-lo tabal».
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

E quand' aquest' ouve dito, foi-sse logo manaman,
e desta guisa sa vila guardou a do bon talan;
mas ante que ss' en partisse, deu y grand' alg' o soldan
por amor da Virgen santa, Reynna celestial.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical